O PSOE de Arteixo preguntará pola situación dos núcleos afectados por costas en Suevos, Valcovo, Barrañán ou Sorrizo e as iniciativas do goberno local para impedir que se derruben máis vivendas

Os socialistas demandan saber en qué situación están os trámites para cumprir a promesa do actual goberno local de dotar de servizos ao núcleo do porto de Suevos.

O grupo municipal socialista no concello de Arteixo preguntará no pleno pola situación actual dos núcleos afectados por costas no Porto de Suevos, Valcovo, Barrañán ou Sorrizo e as iniciativas do goberno local para intentar impedir que se derruben máis vivendas e demanda saber en qué situación están os trámites para cumprir a promesa do actual goberno local de dotar de servizos ao núcleo do porto de Suevos.

O goberno de Carlos Calvelo prometeulle aos veciños do Porto de Suevos e tamén aos de Valcovo, Barrañán ou Sorrizo que segundo a Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral conseguirían regularizar a situación dos seus núcleos tradicionais de Galicia afectados pola Lei de costas anterior. A voceira socialista, Patricia Boedo lembra que xa no 2015 o Grupo Municipal Socialista avisaba que o goberno do Concello de Arteixo non tramitara a legalización destes núcleos ou que se fora tramitada, debía de ter unha contestación negativa por parte do Ministerio naquel momento gobernado polo PP.

Ademais os socialistas manifestaban que semellaba que non se cumprían os requisitos para dita legalización e tampouco se desenvolvera o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente en abril de 2011 polo goberno socialista e paralizado en maio dese ano coa chegada do actual goberno municipal.

Para os socialistas esa aprobación podería ter sido de gran axuda para conseguir a regularización destes núcleos, xa que tal como afirmaba o propio arquitecto contratado polo concello para esta regularización, os concellos que contaran cun novo Plan Xeral aprobado ou en trámites avanzados, terían máis fácil esta regularización ao poder demostrar a existencia destes núcleos tradicionais.

En decembro de 2015 confirmouse a negativa do Ministerio de Fomento gobernado polo PP á legalización dos núcleos afectados por costas a pesar das promesas do goberno local de Arteixo que lle aseguraba á veciñanza que en breve terían legalizada a situación das súas vivendas e que achegaría os servizos básicos aos seus fogares, mentres en núcleos como o Porto de Suevos se derrrubaba unha das súas vivendas.

“Agora a situación volve repetirse e outra vivenda está en perigo de ser derrubada pese as promesas do actual goberno local, que sete anos despois do sucedido en 2015 non avanzou nada no desenvolvemento do plan” explica Patricia Boedo, quen afirma que “o goberno local incumpriu sistematicamente as súas promesas de dotar de servizos ao núcleo do porto de Suevos, mentres o polígono empresarial dese núcleo si conseguía a súa regularización”.

Anterior
Anterior

Levamos a pleno | Xaneiro 2023

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo  instan ao goberno local a presentar  os recursos necesarios para evitar a instalación do parque eólico Carboeiro ante a autorización medioambiental da Xunta