O PSOE de Arteixo pide explicacións ao goberno local pola cuberta das pistas deportivas de Uxes.

O concello denega a construción por un informe negativo de Patrimonio que indica erróneamente a sua proximidade á capela de Uxes.

O grupo municipal socialista de Arteixo pedirá explicacións ao goberno local sobre a renuncia da construción dunha cuberta nas instalacións municipais deportivas e festivas de Uxes tan demandada pola Asociación de Veciños de Morás para poder utilizalas cando a climatoloxía impide a práctica do deporte ao aire libre.

O grupo municipal socialista recorda que solicitaron esa cuberta en varias ocasións e que o propio goberno local analizou a petición e solicitou os informes pertinentes, pero rexeitaron a súa construción co argumento de que fora denegada polo departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia pola súa proximidade á capela de Uxes.

Pero o portavoz do grupo municipal socialista sinala que “unha vez analizado o informe, non entendemos porque o goberno local renunciou a súa construción xa que no informe se refiren erradamente á capela de Santa Cecilia, que non é a que está situada no entorno das pistas deportivas e que foi trasladada alí dende outra localización”.

Os socialistas insisten en coñecer si o goberno local renunciou a construíla definitivamente e por outra banda preguntan porque non se buscou unha modificación do proxecto de cuberta adaptada as condicións que establece Patrimonio.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo reclaman ao goberno local que cumpra coa promesa da instalación da cociña no CEIP San Xosé Obreiro

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo reclaman melloras na seguridade viaria da AC-552