O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a mobilizar os recursos da SAREB no concello para ofertar alugueres sociais.

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno unha moción para que o goberno local participe no novo Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria presentado polo Goberno do Estado, así como a construción de nova vivenda para alugueiro social

O Grupo Municipal Socialista  levará ao pleno de abril unha moción para que o goberno local participe no novo Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria presentado polo Goberno do Estado mobilizando os recursos que ten a SAREB en Arteixo para ofertar alugueres sociais e tamén a construción de nova vivenda para alugueiro social.

A voceira do grupo municipal socialista e candidata á alcaldía de Arteixo, Patricia Boedo, explica que “a vivenda comeza a converterse nun factor de exclusión e segregación social que non podemos permitir” polo que é preciso impulsar medidas para conseguir que a vivenda deixe de ser unha mercadoría e se converta nun dereito social, tal como presentaron xa nunha moción no mes de xaneiro.

Boedo denuncia que, según o INE de 2021, en Arteixo existen 3918 vivendas baleiras,  o 22,2% do parque inmobiliario, que demostra “un uso ineficiente do espazo urbano e prácticas contrarias á función social da propiedade”,  porque “desde o goberno local non se realiza o esforzo necesario” para a posta en valor dun parque inmobiliario infrautilizado, con problemas derivados do progresivo deterioro físico ou a inadecuación funcional das vivendas.

“Pese a existencia desa vivenda baleira, os prezos dos alugueres son moi elevados para as familias con menos capacidade adquisitiva e os xóvenes” sinala a concelleira socialista ao tempo que recorda os prezos elevados que tamén ten a nova vivenda, “carecendo de ningún tipo de iniciativa de vivenda social pública ou privada e ningún tipo de programa de alugueiro social por parte do concello”.

Según datos que constan na web da “Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria” (SAREB) , Arteixo ten 23 vivendas e 8 solos da sociedade polo que o grupo municipal socialista instará ao goberno local a participar no novo Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria presentado polo goberno do estado, para mobilizar eses recurso da SAREB no noso concello para ofertar alugueres sociais a nosa cidadanía así como a construción de nova vivenda para alugueiro social.

 

PLAN DA SOCIEDADES DE XESTIÓN DE ACTIVOS PROCEDENTES DA REESTRUTURACIÓN BANCARIA 

O Consello de Ministros ven de presentar o Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) que destinará ata 50.000 vivendas para alugueiro social e asequible, procedentes da súa carteira de inmobles e a cesión de solo urbanizable.

Esta iniciativa súmase ás actuacións previstas no Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2023, como o Bono de Alugueiro Novo e as axudas á rehabilitación e eficiencia enerxética, e ten como obxectivo incrementar o parque público de vivenda en 100.000 unidades.

A SAREB dispón dun 'stock' potencial de vivenda terminada de 21.000 unidades, ademais doutras 14.000 habitadas e de solo dispoñible para a promoción de ata 15.000 novas vivendas.

O plan consta de tres eixos: a mobilización das 21.000 vivendas para uso social, a xestión proactiva das 14.000 vivendas xa habitadas e a cesión de solo urbanizables.

Polas informacións aparecidas, as 21.000 vivendas da SAREB identificadas para uso social mobilizaranse a través de acordos de venda ás comunidades autónomas e concellos para alugueiro social alcanzable.

O executivo central tamén poñerá en marcha un proxecto de cesión de chan urbanizable mediante un esquema de colaboración público-privada. A entidade conta con terreos para construír unhas 15.000 vivendas adicionais destinadas ao aluguer social asequible.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo acordan co Concello da Coruña a instalación de badenes en Meicende

Siguiente
Siguiente

Boletín de noticias #SocialistasArteixo Nº 11