Levamos a pleno a instalación do servizo de saneamento no barrio de O Pedroso na parroquia de Larín e a licitación urxente da cafetería do Centro Cívico
Tamén se presentarán mocións en defensa do ensino público e contra as agresións machistas e a submisión química.
O grupo municipal socialista presentará dous rogos ao goberno local no vindeiro pleno para proxectar a instalación do servizo de saneamento no barrio de O Pedroso na parroquia de Larín e a licitación urxente da cafetería do Centro Cívico.
Os socialistas denuncian que nun concello cun orzamento tan elevado como o de Arteixo aínda quedan barrios sen algúns servizos mínimos como son o saneamento e a traída de auga. “Mentres o goberno local fai publicidade coa posible implantación dun servizo de vehículos sen conductor nas praias, barrios como o de “O Pedroso” en Larín no límite co concello de Laracha levan anos esperando pola súa integración no sistema de saneamento do concello” afirma a voceira socialista, Patricia Boedo.
“Durante os 11 anos de goberno do PP de Carlos Calvelo dende o Grupo Municipal Socialista establecemos como prioridade todos os proxectos que permitan cubrir os servizos básicos a todos os cidadáns do noso concello, como nos múltiples plans de obras e servizos que se dedicaron a esta función e polos que votamos a favor, pero os vecinos e veciñas de O Pedroso en Larín seguen a esperar por un servizo básico como é o saneamento” dí Boedo.
Ademáis os socialistas tamén denuncian a incapacidade do goberno local do PP para sacar adiante o concurso para a licitación da cafetería do Centro Cívico de Arteixo que leva preto de 4 anos pechada.
“Dende o PSOE denunciábamos xa en marxo de 2019 un novo exemplo do colapso e a falta de xestión no departamento de contratación que tiña o noso concello, que non foi quen de planificar un procedemento para o relevo da xestión da cefeteria trala xubilación do último concesionario” lembra a voceira socialista. “Os usuarios do centro cívico, así como as persoas que a diario percorren o paseo fluvial, levan preto de catro anos sen disfrutar este servizo, pese a que o grupo socialista lle pediu entón ao goberno celeridade, non só para recuperalo, senón tamén para favorecer a creación de postos de traballo a través do emprendemento, xa que nun proceso aberto e en igualdade de condicións, calquera veciño ou veciña de Arteixo podería optar a esta concesión”.
“O equipo de goberno terá que explicar por que non foi licitada ata o de agora a explotación da cafetería do Centro Cívico de Arteixo e si, nalgún momento, teñen pensado poñela en marcha de novo” indica Patricia Boedo.
MOCIÓNS EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E CONTRA AS AGRESIÓNS MACHISTAS E SUBMISIÓN QUÍMICA.
Neste pleno, os socialistas presentan unha moción en defensa do ensino público pedindo ao goberno local que inste á Xunta de Galicia a asumir dunha vez por todas as súas responsabilidades e deixe de afogar económicamente co seu desleixo ás entidades locais que asumiron como propias as tarefas de prevención da COID19 nos centros educativos.
Na moción demandan tamén incrementar a dotación económica para os investimentos destinados á realización de obras nos centros educativos , incrementar o profesorado e o persoal do equipo de orientación e o número de docentes de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe , ou reconducir a xestión do transporte escolar e establecer por parte da Xunta de Galicia a xestión directa dos comedores escolares como modelo de xestión prioritario, entre outras demandas.
A segunda moción que presentan os socialistas arteixáns insta ao Concello de Arteixo a condenar calquera tipo de agresión sexual e a utilización da submisión química con este fin e que se demande ao goberno galego a estender canto antes o protocolo do CHOU para detectar casos de submisión química a todas as áreas sanitarias de Galicia e desenvolver unha campaña de información nos centros hospitalarios e de atención primaria.
A moción tamén insta ao Concello a instalar Puntos Violeta nas festas da localidade, onde existian protocolos específicos para atender este tipo de situacións e a formar á Policía Local para atender as vítimas destas novas modalidades de agresións machistas; así como esixir protocolos de acceso máis estritos ás empresas organizadoras de acontecementos festivos, e ás salas de festa e discotecas para que se inspeccione a entrada de xiringas e realizar campañas de concienciación poñendo o foco nos agresores e guías de actuación para saber como actuar no caso de que aconteza unha destas situacións.