O goberno do PP de Arteixo négase a incorporar a proposta socialista á declaración institucional sobre o proxecto eólico Carboeiro.

Os socialistas incluían na declaración que se tomara en conta canta iniciativa administrativa e xudicial fose necesaria para poñerlle freo a un proxecto que consideran lesivo para os intereses de Arteixo.

O goberno do Partido Popular no concello de Arteixo ven de rexeitar a inclusión da proposta socialista de tomar en conta canta iniciativa administrativa e xudicial fose necesaria para poñerlle freo a un proxecto que consideran lesivo para os intereses de Arteixo á declaración institucional sobre o proxecto eólico de Carboeiro. Os socialistas consideraban esencial a inclusión dese parágrafo polo que aínda que votaron a favor da moción, non será así unha declaración institucional.

A voceira socialista, Patricia Boedo, argumentou no pleno que a proposta de declaración institucional que presentaba o Partido Socialista, era para marcar “unha posición “política” común de toda a corporación municipal sobre a instalación do parque eólico Carboeiro no noso concello, unha declaración que apoiaba políticamente as alegacións presentadas pola cidadanía que na maior parte son as postas a disposición polo goberno local, as dos partidos políticos, as de colectivos como Petón do Lobo ou as presentadas pola Asociación de veciños de Santa Leocadia, ademais de para apoiar os informes do concello sen fisuras”

Por outra banda, continúa Boedo, “incluíamos o mesmo que piden na parte resolutiva desta moción” pedindo aos órganos competentes que rexeiten a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o Proxecto Sectorial (Proxecto de Interese Autonómico, PIA) do Proxecto do Parque eólico Carboeiro nos Concellos de Arteixo, A Laracha e Culleredo.

A voceira socialista tamén acusa ao alcalde de querer confundir á veciñanza insinuando que que os socialistas rexeitan a tramitación do proxecto. “Pedimos o mesmo que pide esta moción que presenta o Partido Popular, iso si, incluíamos un compromiso político que deixara claro o que realmente pensa e vai a facer o goberno do concello” dí Boedo. “O que pide o Partido Socialista que se inclúa nesta moción para ser unha declaración institucional é o compromiso de tomar canta iniciativa administrativa e xudicial sexa necesaria para poñerlle freo a un proxecto que consideramos lesivo para os intereses de Arteixo”.

“Creo que non é nada ilegal e se o alcalde ten claro que o proxecto é lesivo para os intereses da cidadanía, non terá inconvinte en comprometerse cos veciños a reclamar os nosos intereses ata onde sexa necesario, chegando aos tribunais se fose preciso” afirma a representante socialista, que engade “se o teñen claro inclúan o noso parágrafo e teremos unha declaración institucional que entendemos importante porque mostra o rexeitamento social á instalación do parque de Carboeiro”

“Entendan que temos as nosas dúbidas, cando o alcalde lle está a comunicar a algúns veciños que está negociando coa empresa promotora do parque cambios no proxecto actual, como a retirada do muíño número 4 ou compensacións en temas de tarifa eléctrica ou temas de acceso á fibra para os veciños” sinalou Boedo e preguntoulle ao alcalde Carlos Calvelo se desde o concello se iba a  “loitar contra a instalación do parque éolico ou se se está a negociar coa promotora cambios pola porta de atrás co fin de instalalo”.

A voceira socialista tamén lamentou que o BNG non apoiase a inclusión deste compromiso na declaración institucional, no que parece unha contradición coa postura do seu partido a nivel galego e facendo de  “bastón de Calvelo” nun tema de tanta trascendencia para o concello.  

Anterior
Anterior

Boletín de noticias #SocialistasArteixo Nº 2

Siguiente
Siguiente

Levamos a pleno | xuño 2022