Solicitamos información sobre as actividades da Policía Local ante “o aumento do sentimento de inseguridade cidadá”
“Vimos constatando con preocupación o aumento da sensación de inseguridade cidadá entre a poboación”, afirman desde o grupo municipal socialista de Arteixo, que quere saber que está a facer o Concello para garantir a seguridade da veciñanza. Os socialistas presentarán un rogo no próximo pleno no que esixen información por escrito á Concellaría de Persoal e Seguridade Cidadá sobre o número de efectivos e actuacións da Policía Local, entre outras cuestións.
Os e as concelleiras do PSdeG explican que “os últimos acontecementos ocorridos no termo municipal, como o incendio de tres coches, os botellóns habituais, o tema recorrente do tráfico de drogas en Meicende ou a actuación policial nas entradas e saídas dos centros escolares non fan máis que aumentar esa sensación de alarma, preocupación e queixas da veciñanza ante a aparente inactividade da Concellaría de Persoal e Seguridade Cidadá”.
Así, o grupo municipal socialista esixe a seguinte información e documentación ao Goberno local:
· Número de efectivos da Policía Local indicando o número que realmente está en activo e o número que non está en activo indicando o motivo (é suficiente con indicar ILT, comisión de servizos, etc.)
· Número de operacións e intervencións realizadas no que vai de ano desglosando o motivo delas
· Número de patrullas en coche e a pé e lugares onde están presentes
· Plans de prevención contra a inseguridade cidadá e avalición dos mesmo se é que existisen
· Plans de colaboración con outras Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
· Mapa das zonas de concentración de maior conflitividade
· Informe das accións realizadas e os seus resultados en canto ó control dos protocolos e recomendacións sanitarias por mor da pandemia da COVID-19
·