Unha veciña de 90 anos leva 9 meses á espera das axudas á dependencia

hand-3666974_1920.jpg

Con case 90 anos, unha veciña de Arteixo leva máis de nove meses de espera para acadar as axudas que lle corresponden por dependencia, mentres que a lei di que o máximo son seis meses para rematar o proceso.

Aínda que a familia presentou toda a documentación en tempo e forma, e que esta quedou rexistrada, desde a Xunta non a introduciron na plataforma do SIGAD, explica o PSdeG que presentou unha pregunta ao respecto no Parlamento de Galicia, a iniciativa dos deputados Martín Seco, Julio Torrado e Marina Ortega.

“Desde o Grupo Parlamentario Socialista coñecemos que existen solicitudes que teñen máis dun ano desde o seu rexistro que aínda non foron introducidas na plataforma”, inciden. “Xa non imos falar da espera que terán que soportar unha vez entren na plataforma, resolvan o grao de dependencia e posteriormente determinen o programa individual de atención”.

Esa demora á que fai referencia o grupo parlamentario afectará tamén a nosa veciña. Dada esta situación de “indefensión”, levaremos o caso ao pleno de Arteixo. Buscaremos o apoio da corporación para esixir á Xunta o cumprimento efectivo do Decreto 15/2010, do 4 de febrero, e da Orde do 2 de xaneiro de 2012, especialmente no referente aos tempos de resolución de solicitudes.

Anterior
Anterior

Reclamamos unha solución á falta de seguridade viaria da escola infantil de Vilarrodís  

Siguiente
Siguiente

Pedimos a instalación urxente de bancos e sombra na praza de Lañas