Preguntaremos se ter un plan xeral aprobado axudaría contra a liña de alta tensión Monteagudo-Morás

sky-morning-wind-wire-evening-line-632034-pxhere.com.jpg

Despois de 25 anos de que se aprobaran as normas subsidiarias e tras dez anos sen que “nada se saiba do plan xeral, os socialistas queremos saber cal é a situación actual do PXOM”, resume o voceiro socialista, Simón López.

Unha das cuestións que o grupo municipal porá sobre a mesa é se ter un plan xeral aprobado, axudaría contra a liña de alta tensión proxectada entre Monteagudo-Morás, xa que un plan xeral tería previstas as infraestruturas necesarias do polígono de Morás.

No mesmo apartado, os socialistas queren saber cal é a situación actual do contrato firmado coa UTE Tinsa-Arnaiz no 2008, así como en que punto está a tramitación do Plan Xeral. “Preguntámonos se o Goberno do PP ten prevista deixar correr o tempo que queda de mandato sen avance algún”.

Levaremos ao pleno dúas cuestións máis:

Inversións en Santa Leocadia

Preguntaremos se o Goberno local ten intención de realizar algunha inversión en Santa Leocadia que permita solucionar algún dos problemas desta aldea.  A subida desde o val de Loureda presenta numerosas deficiencias con fochancas e deformidades no firme, así como obstáculos para a auga. “Debíase realizar un aglomerado completo da pista e mellorar as proteccións existentes”, sinala López. Para mellorar a seguridade viaria e, dado o problema que hai boa parte do ano coa néboa, os socialistas consideran necesario un pintado coa pintura axeitada.

Ademais da renovación completa do lavadoiro, os socialistas tamén se preguntan se o Goberno local ten a intención de mellorar a subida ao Coto-Mirador, a máis de 300 metros de altitude e “cunha vistas inmellorables, é unha mágoa que presente un estado desastroso ano tras ano no inverno”, subliña López.

grass-farm-lawn-green-backyard-soil-1076480-pxhere.com.jpg

IES Sabón

O Concello de Arteixo rubricou un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para impartir no municipio ensinanzas de formación profesional básica. En concreto, expón que se estudará a posibilidade de incrementar a oferta no IES DE Sabón para o curso 2018-2019 co ciclo de Agroxardinería e Composicións Florais, “para o que o concello dispón das instalacións e o equipamento necesario”.

Non obstante, esta oferta non está dentro do catálogo de especialidades do IES de Sabón polo que inquiriremos ao Goberno local sobre os motivos polos que se decidiu non implantar esta formación no instituto arteixán e cales son as instalacións e o equipamento municipal ao que se refire o convenio.

 

Anterior
Anterior

O Goberno do PP vota en contra da nosa moción para mellorar as zonas verdes de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Apostamos por un plan eólico integral e transparente para toda Galicia