Ana Cedeira substitúe a Patricia Boedo como portavoz municipal dos socialistas de Arteixo

A nova concelleira do grupo municipal socialista será Eva Sánchez Ramilo.

Ana Cedeira Zas substituirá a Patricia Boedo como voceira do grupo municipal socialista de Arteixo. Así o ven de acordar a Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo que propuso o nomeamento da concelleira pola súa traxectoria e experiencia.

Ana Cedeira é concelleira do PSOE de Arteixo desde 2015, foi portavoz da Plataforma de Afectados por Preferentes de A Coruña e activista feminista na Plataforma Feminista da Coruña.

“Agradezo a confianza dos compañeiros e compañeiras para liderar o grupo municipal” afirma Cedeira, “unha tarefa de moita responsabilidade que tentarei facer con respecto e de forma propositiva fronte á prepotencia dun goberno do PP  que leva anos gobernando de costas á cidadanía”

NOVA CONCELLEIRA SOCIALISTA

Trala renuncia por motivos personales de Patricia Boedo, se incorporará ao grupo municipal Eva Sánchez Ramilo (Arteixo, 1975).  

A nova concelleira é veciña da parroquia de Oseiro, Diplomada en Relacións Laborais e pensionista. É presidenta do Comité Arbitral da Federación galega de Boxeo e membro da Asociación xuvenil Xiradela de Arteixo.

Anterior
Anterior

O PSOE insta novamente ao goberno local a reforzar urxentemente o Centro de Información á Muller de Arteixo 

Siguiente
Siguiente

Boletín de noticias #SocialistasArteixo Nº 14