A candidata socialista comprométese a construír un novo Centro Social en Morás con actividade e servizos

Patricia Boedo: “As promesas de Carlos Calvelo son papel mollado, para Morás e para o resto de parroquias, empezando polo PXOM

A candidata socialista, Patricia Boedo, estivo hoxe en Morás explicando o programa de goberno  socialista  acompañada de Vanesa Cerdeiro, a número 9 da candidatura socialista

En Morás, a candidata socialista recordou as promesas incumplidas do actual goberno municipal con respecto a esta parroquia, e comprometeuse a construír  o Centro Social que tanto demanda a veciñanza e dotalo de actividade, “porque os espacios sen dinamización non serven para nada”. “Iso é a especialidade de Carlos Calvelo, construír nos últimos seis meses de mandato para decir que fai sen facer nada pola xente en realidade” afirmou Boedo.

Boedo tamén sinalou outras promesas incumpridas do actual alcalde, como a aprobación do PXOM e “os deslindes cos municipios limítrofes que a día de hoxe seguen sin estar feitos”.

A socialista denuncia que non pode haber “parroquias de primeira e de segunda categoría” porque “os nosos veciños e veciñas precisan servizos de calidade en resposta ao pago dos seus impostos” empezando polo Servizo de Axuda no Fogar pero tamén na limpeza de cunetas e o alumeado público.

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá venres 19 de maio un acto de campaña no Alto de Arteixo ás 20:30

Anterior
Anterior

AXENDA DE CAMPAÑA #CoaMiradaNaXente | 19 DE MAIO

Siguiente
Siguiente

Os socialistas propoñen a creación da Casa das Artes en Arteixo