A candidata socialista á alcaldía de Arteixo prioriza a protección social no seu programa de goberno

Patricia Boedo: “Un concello con 70 millóns de orzamento non pode permitirse deixar a ninguén atrás. Queremos un concello á vangarda das políticas sociais”

A candidata socialista, Patricia Boedo, mantivo este domingo dous encontros coa veciñanza de Monteagudo e Armentón para expoñer os eixos do seu programa de goberno. Nesta ocasión salientou o capítulo dedicado á protección social como “unha das prioridades de goberno” argumentando que “un concello con 70 millóns de orzamento non pode permitirse deixar a ninguén atrás”

Para a candidata socialista é necesario deseñar unha estratexia de inclusión social con obxectivos específicos e cuantificables como “reformar a ordenanza de emerxencia social” para poder dar cobertura ás necesidades e as subministracións básicas a todas as familias, e axilizar a resposta do Concello antes casos de risco social, “asignando un profesional de referencia nun prazo máximo de 10 días hábiles”.

Os socialistas tamén propoñen “un sistema de Bonos Comedor para as persoas en risco de exclusión, que ao tempo axude á nosa hostalaría” explicou Boedo, e adicarán á partida de actuacións de protección e promoción social un mínimo de 150 euros por habitante e ano.

“Queremos un concello á vangarda das políticas sociais” afirma Boedo,”e para iso precisamos revitalizar o departamento de servizos sociais” para o que propoñen un aumento da plantilla de traballadores municipais, descentralizar a atención nas parroquias e reforzar o servizo da asistencia psicolóxica das usuarias do CIM.

Tamén inclúen no programa unha estratexia específica para os colectivos e etnias minoritarias presentes no concello, “cunha unidade de xestión que leve a cabo un programa de apoio para as persoas migrantes que chegan e residan en Arteixo”.

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá luns 22 de maio un acto no Centro Social do Foxo en Loureda ás 20:30

Anterior
Anterior

AXENDA DE CAMPAÑA #CoaMiradaNaXente | 22 DE MAIO

Siguiente
Siguiente

AXENDA DE CAMPAÑA #CoaMiradaNaXente | 21 DE MAIO