Preguntaremos polo estado do orzamento de 2021 e a dispoñibilidade de vivenda social

presupuesto.jpg

Preguntaremos neste pleno de outubro polo estado do orzamento para 2021 e polo número de vivendas de titularidade municipal. “O orzamento municipal e a vivenda social son temas importantes sempre, pero cando estamos a vivir unha crise como a provocada pola covid-19, convértense en asuntos de vital importancia para poder planificar os recursos e as axudas á cidadanía”, expón o voceiro do grupo municipal socialista, Simón López.

“A día de hoxe, dende o grupo municipal socialista non temos datos sobre a elaboración do presuposto de cara ao exercicio 2021”, indica López, polo que preguntaremos en que estado se atopa a elaboración do orzamento, se teñen listos polo menos uns eixos. Tamén queremos saber cal vai ser a participación da cidadanía e os colectivos sociais na elaboración das contas para o próximo exercicio e se o Goberno local ten previsto incorporar os Orzamentos Participativos ao Concello de Arteixo.

No caso da vivenda, queremos saber cantas vivendas son de titularidade municipal e que uso teñen asignado na actualidade. A maiores, preguntaremos ao Goberno local se en Arteixo existen vivendas sociais ou de alugueiro público propiedade do Concello e, por último, se hai algunha vivenda de emerxencia.

Anterior
Anterior

Unanimidade para esixir á Xunta que cumpra cos prazos das axudas á dependencia

Siguiente
Siguiente

Reclamamos unha solución á falta de seguridade viaria da escola infantil de Vilarrodís