Recollemos as peticións da veciñanza de Chamín
“A falta de mantemento nos camiños é unha constante en todas as parroquias de Arteixo”, lamento Simón López, voceiro do grupo municipal socialista, durante unha visita a Chamín coa secretaria de Organización Tamara Figueroa, e a concelleira Susana Lebón. Membros da asociación de veciños Chamín-Sorrizo expuxeron algunhas das queixas máis habituais na parroquia que pasa pola falta de conservación dos camiños ou o estado no que se atopa o centro social.
No caso do camiño ao Ferrador e necesario anchealo para que pase un coche. “É unha actuación mínima, porque son uns centímetros que facilitarían e mellorarían a seguridade viaria e só hai que falar cos propietarios para que non invadan a calzada”.
En Chamín de Abaixo falta a rede de sumidoiros e a pista que vai ao Milladoiro está sen acondicionar. O coñecido como Camiño do Cabrón que parte da Lagoa faltan 200 metros por asfaltar.
“Levaremos as peticións dos veciños a pleno para conseguir que o Goberno local faga as inversións necesarias para a veciñanza de Chamín”, conclúe López.