Normas dos grupos de WhatsApp
1. Respectar á finalidade do grupo, evitando o envío do memes, vídeos, chistes, comentarios, etc. que non teñan nada que ver co traballo do Grupo Municipal nin da Agrupación.
2. Non se permite o uso do grupo para envío de publicidade ou intereses particulares. Lembra que a nosa finalidade é o ben común do Concello de Arteixo e da Agrupación.
3. Antes de enviar información, verifica a súa veracidade.
4. Se tes dúbidas ou queixas, diríxete directamente á Administración do grupo, evita manifestalas nel.
5. Síntete libre para silenciar ou marchar do grupo cando estimes oportuno, así como para volver a solicitar o ingreso nel.
6. Para unha maior fluidez e dinamismo das conversas, debates, información, etc. utiliza a opción “respostar”.
7. Están prohibidas as
descalificacións, insultos e demais cuestións que atenten contra a dignidade
das persoas, aínda que sexa de rivais políticos.
Trátase
de realizar crítica política, ofrecer información útil para o Grupo Municipal e
Agrupación, debater sobre cuestións políticas ou de servizos municipais, non de
denigrar ás persoas. Lembra que criticamos a xestión non ás persoas.