Apoiamos aos hostaleiros de Arteixo esixindo ao Goberno Local que convoque a Mesa de Reactivación da Economía

barista-5055060_640.jpg

O PSdeG solicita por rexistro a convocatoria deste foro como reforzo ás peticións do CCA

 O grupo municipal levará unha moción ao próximo pleno para que “de unha vez por todas” se aprobe a ordenanza de terrazas

Os socialistas de Arteixo apoian as reivindicacións do sector hostaleiro e levarán a cabo varias iniciativas como reforzo das súas esixencias ao Goberno local. En primeiro lugar, o PSdeG solicitará por rexistro que se convoque a Mesa de Reactivación da Economía Local na que están presentes representantes do CCA e membros da corporación.

No próximo pleno, o grupo municipal levará unha moción na que esixirán que “de unha vez por todas” o Goberno local aprobe a ordenanza de terrazas. A falta desta norma provoca inseguridade no sector, e o PP ten sido incapaz “de aprobar un texto en anos”.

Conscientes da situación tan crítica pola que está a atravesar o sector hostaleiro de Arteixo, os socialistas propuxeron no pasado pleno a exención da taxa de recollida de residuos urbanos para os negocios que tiveron que cerrar durante o estado de alarma. A proposta foi rexeitada polo Goberno local que tamén se negou a convocar a Comisión de Seguimento da Covid.

“Os socialistas seguiremos a propoñer medidas que beneficien ás pemes e ao comercio local do concello, sobre todo nestes momentos. Apoiamos as reclamacións dos hostaleiros porque ademais de xustas, son moi necesarias para garantir a supervivencia do sector”, subliña o voceiro socialista, Simón López.

Anterior
Anterior

Preguntamos no Parlamento galego polo novo colexio de Arteixo

Siguiente
Siguiente

O PP vota en contra da exención da taxa de recollida de lixo para os negocios pechados no estado de alarma