Volvemos solicitar a reparación das pistas deportivas de Chamín


Dende -como mínimo- o pasado 5 de agosto a zona de pistas deportivas de Chamín-Santaia encóntrase nunha situación de abandono e falta de mantemento por parte do goberno local do Partido Popular, algo sorprendente por estar situada preto do domicilio de membros deste goberno. As deficiencias son de certa entidade, pois afectan directamente ás posibilidades de uso da instalación, reducíndoas ou dificultándoas.

O Partido Socialista de Arteixo considera que a veciñanza debe dispoñer de instalacións deportivas públicas nas mellores condicións para fomentar tanto un estilo de vida saudable como un ocio alternativo para a xente xoven, así como un perfecto estado de revista para os turistas.

Por todo iso, xa solicitamos por rexistro a súa reparación e mellora urxente, nos seguintes puntos:

  • Instalación correcta das mesas de pícnic.
  • Mantemento e mellora da zona verde.
  • Substitución das redes de protección exterior, de porterías e de canastas.
  • Substitución das madeiras e demais elementos faltantes, así como mantemento das mesmas.




Anterior
Anterior

A Agrupación Socialista de Arteixo deséxalles felices festas!

Siguiente
Siguiente

Charla-Coloquio "El clima que nos viene": el próximo 30/12 en el Centro Cívico de Arteixo