Resumo do pleno ordinario de novembro de 2019
Solicitamos que se escoitaran as demandas de CLUB NATACIÓN SARVAL ARTEIXO e Club Salvar Arteixo no proxecto da nova piscina en Meicende (medidas do vaso, espacios de almacenamento, etc), para non pechar a porta a ningunha posibilidade no futuro.
Falouse da posibilidade de construir un Cemiterio Municipal, algo co que estamos de acordo e iba no noso programa.
Con respecto á moción de Alternativa respecto da construción dun mercado de abastos, a nosa decisión foi a abstención. Non nos opoñemos a ela, sólo pedimos que se estudie con calma o asunto, e se se compatibiliza con equipamentos de algún tipo (cultural, centro de negocios, etc).
Votamos a favor da moción do BNG Arteixo sobre a ludopatía (e outras adiccións sen substancia).
Tamén solicitamos ao concello que estude elaborar unha ordenanza para regular e limitar novas aperturas deste tipo de locais de apostas preto de lugares sensibles (escolas, centros sociais, etc).
E aprobamos 3 mocións sobre o 25N, contra a Violencia de Xénero.
E, por último, presentamos un rogo sobre o mal estado do patio traseiro e as goteiras existentes no CEIP Ponte dos Brozos. Tamén o presentaremos no Parlamento de Galicia.
Tamén houbo rogos e preguntas sobre Figueiroa (BNG), a Travesía da Groufa (BNG) e as obras do abastecemento do Polígono de Morás (AV).