ROGO SOLICITANDO O CESE DO 1º TENIENTE ALCALDE, JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ NOVO, COMO DELEGADO DE SEGURIDADE



A inicios de Agosto, fomos espectadores dun triste suceso no noso concello coa aparición dunha veciña sen vida na súa vivenda en Vilarrodís, dende o Grupo Municipal Socialista esperábamos que o tema fose tratado co respecto esixible a quen ten acceso a unha información tan sensible dos seus veciños.

Despois de escoitar as inaceptables declaracións, nos medios de comunicación do 1º Tenente de Alcalde e Delegado de Seguridade do Concello de Arteixo, que non vamos a repetir nesta sesión plenaria, solicitamos publicamente a súa dimisión. Os socialistas consideramos que os cargos públicos deben desempeñar as súas funcións sempre con total conciencia da responsabilidade que ostentan, e resulta inaceptable que o Concelleiro de Seguridade trate un accidente tan triste dese xeito tan soez, sen respectar á vítima, á súa familia, e aos afectados/as por enfermidades mentais como o Síndrome de Dióxenes, preguntámonos ademáis, en que irresponsables mans están informacións que afectan á vida privada da veciñanza e cal é o trato que lle pode estar dando unha persoa a estas informacións alguén que participa asiduamente na Xunta de Seguridade Local.  

Lonxe de asumir responsabilidades e pedir disculpas polas declaracións realizadas, o 1º Teniente Alcalde decidiu agocharse e non dar explicacións sobre o sucedido, deixando nas mans do noso Alcalde a responsabilidade de asumir o custe de tan irresponsable comportamento.

Por todo o argumentado, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta o seguinte ROGO:

  • Rogarlle ao Alcalde o cese inmediato do 1º Teniente de Alcaldía, José María Sánchez Novo, nas súas responsabilidades ao fronte da Delegación de Seguridade Cidadá
  • Rogarlle ao Alcalde que pida publicamente disculpas á familia da nosa veciña e a toda a cidadanía arteixá por esas desafortunadas declaracións.

Anterior
Anterior

“O Concelleiro responsable do servizo de limpeza viaria, mentiu deliberadamente no pleno do martes ante as preguntas do PSOE”

Siguiente
Siguiente

ROGO SOLICITANDO UNHA MELLOR REGULACIÓN DO TRÁFICO NO MONTEPEQUENO POLA INSEGURIDADE VIARIA