A cafetería do centro cívico de Arteixo leva medio ano pechada á espera de que o Concello licite a concesión
A
cafetería do centro cívico de Arteixo leva preto de medio ano pechada porque o
Goberno local do PP non foi capaz de sacar adiante o concurso para a súa
licitación. Desde o PSOE consideran que este é un novo exemplo do “colapso e a
falta de xestión no departamento de Contratación”.
Recordan
desde a formación política, que a última persoa en ter a concesión xubilouse,
“algo que non é un imprevisto” máis cando dita concesión levaba tempo caducada,
e o Goberno do PP non foi capaz de planificar un procedemento “sinxelo” que
permitiría o relevo na xestión da cafetería.
O
voceiro socialista, Martín Seco, incide en que “os usuarios do centro cívico
perderon este servizo, así como as persoas que a diario percorren o paseo
fluvial”. O portavoz do grupo local do PSOE pide “celeridade” ao Goberno local
“non só para dar de novo este servizo, senón tamén para favorecer a creación de
postos de traballo a través do emprendimento, xa que nun proceso aberto e en
igualdade de condicións, calquera veciño ou veciña de Arteixo podería optar a
esta concesión”.