O PSOE DE ARTEIXO BUSCA O RESPALDO DA CORPORACIÓN PARA EXIXIR Á XUNTA QUE INCREMENTE O PERSOAL SANITARIO NOS CENTROS DE SAÚDE
A
agrupación local levarán por asuntos de urxencia unha moción para instar a
Sanidade a mellorar os servizos de Arteixo
Presentarán
sendas mocións para a reapertura de Radio Arteixo e de compromiso contra a
violencia de xénero
Arteixo, sabado, 26 de xaneiro.-
“Os cupos no servizo de Pediatría de
Arteixo son insufribles. Hai dúas prazas de médicos sen cubrir e o servizo de Urxencias
só conta cun médico con apoio só nas fins de semana nun concello de 30.000
habitantes. A situación é insostible e por iso levamos unha moción por vía de
urxencia ao pleno de xaneiro de Arteixo”, explica Martín Seco, voceiro do grupo
do PSdG-PSOE de Arteixo.
Nesta moción, o grupo local busca o
respaldo de toda a corporación para exixir á Xunta o incremento do persoal e a
mellora dos servizos sanitarios nos distintos centros de saúde do municipio. “O
servizo de Fisioterapia acumula decenas de meses de retraso e a axenda de
Odontoloxía leva pechada desde o verán”, só por citar dous exemplos, engade
Seco.
En concreto, os socialista de Arteixo
queren que a Xunta asuma a titularidade do centro de saúde de Arteixo e
sufrague os arranxos necesarios para garantir as condicións necesarias para
unha correcta atención sanitaria. Ademais, queren que aumente o número de
profesionais do servizo de Urxencias que se contraten a substitutos
facultativos de medicina xeral e de atención pediátrica, para poder manter o
número de profesionais activos no centro de saúde segundo está planificado.
Redución
do IBI
Tamén por vía de urxencia, o grupo
socialista exixirá ao Goberno local unha rebaixa do IBI. “Nos derradeiros anos
temos asistido a unha subida descomunal dos recibos da contribución para as
familias de Arteixo”, expón Seco.
Por elo, queremos que o Concello de
Arteixo modifique a Ordenanza Fiscal número 1 nos seguintes termos: baixar o
tipo de gravame aplicable aos bens inmobles de carácter rústico ao 0,4 por
cento e establecer unha bonificación
para as familias numerosas atendendo a unha serie de requisitos como os valores
catastrais dos seus bens inmobles ou a renda familiar.
Radio
Arteixo
O PSOE levará ao pleno ordinario de
xaneiro unha moción para que Radio Arteixo volva ás ondas cunha proposta que
abrangue a tradicional radio analóxica, así como unha aposta pola
dixitalización do servizo.
“Para os socialistas, as radios municipais
son instrumentos de cohesión, de información e de participación que facilita a
comunicación entre a administración municipal e os veciños, ademais de poñer en
contacto á veciñanza entre si”, afirma o voceiro do PSDG-PSOE do grupo de
Arteixo.
“Queremos que se retome o Consello de
Administración da Radio Municipal co nomeamento dos seus membros para empezar a
planificar a reapertura en analóxico de Radio Arteixo”, expón Seco. O
socialista engade que, o seguinte paso será encadrar na páxina web do Concello
a publicación da programación a través de podcast.
De maneira paralela, exíxese que o
Goberno local realice os trámites necesarios para solicitar os permisos de
apertura e a dotación de frecuencia ás autoridades competentes. Habilitar
partida orzamentaria que cubra os gastos derivados dos traballos previos para a
posta en marcha da emisora e que se realice o deseño da plataforma dixital que
complemente as emisións en analóxico.
Violencia
de xénero
O pasado 15 de xaneiro os movementos
feministas volveron a saír á rúa baixo o lema de “ni un paso atrás en
igualdade”, ante os últimos pactos de goberno e os movementos políticos que
cuestionan a gravidade da violencia de xénero, “o problema máis grave que sofre
actualmente a sociedade española e galega, que ten o seu caldo de cultivo nunha
cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da
superioridade do home sobre a muller”, recorda Seco.
Con esta moción o grupo socialista
quere que a corporación manifeste a súa repulsa a todas as manifestacións da
devandita violencia, o seu compromiso
coas vítimas e declarar “tolerancia cero” cos maltratadores.
Insta á corporación a que exprese o
seu rexeitamento a calquera posicionamento político que propugne a eliminación
ou minoración das medidas de protección das mulleres fronte á violencia
machista, ademais de rexeitar a adopción de calquera tipo de acordo, explícito
ou implícito con formacións que expoñen a supresión ou redución das medidas de
protección das mulleres, dando así cobertura a política irresponsables que
levan un altísimo risco de agravar o problema.