Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Nunha reivindicación lexítima e que apoiamos tódolos grupos políticos de Arteixo, o PP debera poñer todo o seu interese en forzar a negociación coa Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento, xa que incluso ganando a demanda plantexada o resultado non será a eliminación da peaxe da AG-55 en Pastoriza”
Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo fomos
os que no seu día propuxemos ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo a
posibilidade de plantexarlle ao Ministerio de Fomento gobernado naquel momento
polo PP a elección da alternativa cero no Estudio Informativo de prolongación
do acceso ao Porto de Langosteira, que consiste en non facer ningunha
infraestrutura e continuar coa peaxe en sombra, pero sempre coa necesidade de
que as tres administracións, Concello, Xunta e Ministeriode Fomento se sentasen
a negociar a eliminación da peaxe da AG-55 en Pastoriza, algo que non recolle
dito estudio.
A eliminación dunha peaxe introducida con mentiras
polo goberno do PP na Xunta de Galicia, cando se construía unha autovía libre
de peaxe que beneficiaría aos cidadáns das comarcas coruñesa, de Bergantiños e
da Costa da Morte é esencial para o desenrolo das comarcas costeiras e o eixe
industrial entre A Coruña e Carballo, sendo ademais o tramo A Coruña-Arteixo un
eixe esencial para a comunicación da gran urbe de A Coruña, a eliminación dos
excesos de tráfico nun gran concello industrial como Arteixo e a solución ao
tráfico pesado en lugares como Meicende/Pastoriza e Suevos.
Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo xa mantivemos
reunións na Demarcación de Estradas, Delegación do Goberno en Galicia e no
propio Ministerio de Fomento para plantexarlles a necesidade de abrir unha mesa
de diálogo na que tódalas administracións deberan buscar a mellor solución dun
porto que debe estar comunicado con Madrid por unha vía de alta capacidade
estatal, plantexamento que foi recibido e incluído nos temas de conversación
coa Xunta de Galicia que é actualmente o propietario de dita infraestrutura e
que ten unha concesión da súa xestión a unha empresa privada.
A
necesidade de negociación é a única solución desexable para os cidadáns de
Arteixo e as comarcas veciñas, ademais de selo tamén para as empresas e
industrias que teñen a súa actividade neste importante polo industrial, porque
en ningún caso o estudio informativo inclúe a eliminación dunha peaxe que non é
propiedade do Estado ao pertencer á Xunta de Galicia. A denuncia plantexada só
pode facer caer o estudio informativo dunha nova infraestrutura que non é
desexable e que non vemos con malos ollos, pero en ningún caso suporá a
eliminación da peaxe de Pastoriza, algo que o alcalde Calvelo está a transmitir
contándolles unha mentira aos cidadáns de Arteixo que sabemos que a única opción
pasa pola negociación e o acordo entre administracións, sobre todo da Xunta de
Galicia que é a propietaria de dita infraestrutura.