Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo celebramos o acordo entre a empresa e os traballadores da piscina municipal de Arteixo, agradecemos ao noso voceiro municipal a forte implicación na mediación do conflito e seguimos pedindo que o goberno local esixa unha xestión axeitada das instalacións para os usuarios.


Dende a Agrupación Socialista de Arteixo celebramos o acordo acadado onte entre a representación dos traballadores da piscina municipal e a empresa concesionaria para a desconvocatoria da folga e as mobilizacións que a acompañaban, cunha solución pactada que fai posible recuperar unha paz social demandada por traballadores/as e usuarios/as.

Comeza agora unha importante negociación entre ambas partes sobre a organización laboral desta instalación na que a nosa organización segue a disposición de ambas partes para chegar a acordos beneficiosos para todos, ao igual que fixo durante o conflito, na que o noso voceiro no concello, Martín Seco, participou activamente, mediando entre ambas partes, para atopar situacións que non perxudicasen a usuarios e as nosas instalacións municipais
.
O noso voceiro, Martín Seco, declaraba: “Quero agradecer aos representantes da empresa na negociación, a propia dirección xeral da empresa Be One e a representación dos traballadores, pola súa capacidade de chegar a acordos en beneficio dos usuarios e especialmente ao traballador indemnizado, un monitor especialmente querido por todos nos, usuarios e pais e nais de usuarios deste servizo, pola súa boa labor nos anos que estivo na nosa infraestrutura” engadiu ademais que “quedan temas importantes que negociar para un funcionamento correcto da instalación, no ámbito da estrutura laboral e deportiva, pero tamén en canto ao tratamento que se lle está dando as instalacións que son propiedade de tódolos cidadáns do noso concello, nas que o grupo de goberno do PP debe esixir unha calidade de salubridade suficiente e sobre as que existen moitas queixas fundadas”

Dende o noso partido seguiremos con celo a situación desta importante infraestrutura municipal e esperamos que o futuro veña cargado de solucións e non máis problemas para unha instalación na que se insuflaron preto de 4 millóns de euros dos petos de toda a nosa cidadanía.

Anterior
Anterior

Ante os datos coñecidos e as denuncias aparecidas nos medios de comunicación por aspirantes ás prazas de condutores para a recollida do lixo, os socialistas solicitamos acceso ao expediente e transparencia ao Grupo de Goberno para non deixar abertas as suspicacias entorno ao proceso selectivo

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García “A situación na piscina municipal volveuse insostible coa nova empresa concesionaria, ante un goberno local que mira para outro lado mentres se despiden traballadores e non se da un servizo axeitado aos usuarios”