Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “A nova xestión da recollida do lixo está sendo un desastre, cando os propios concelleiros e os asesores do goberno teñen que andar día tras día metidos nos contenedores”
Dende o Grupo Municipal Socialista
de Arteixo xa advertimos fai 4 anos que a saída do Consorcio das Mariñas e o
inicio da xestión propia de recollida do lixo tiña que ter unha boa
planificación para poder garantir un servizo axeitado para a nosa cidadanía.
Lonxe de sentarse a planificar e
buscar solucións para este servizo que prestaba o Consorcio das Mariñas dun
xeito deficiente, o Grupo de Goberno do PP semella que traballou en implantar
un sistema atractivo para facer propaganda cara os medios de comunicación, cunha
suposta recollida selectiva máis eficiente, un sistema máis cómodo e doado cara
aos veciños e moito máis económico para as súas carteiras, pero atopámonos coa realidade,
eliminando practicamente a reciclaxe nas zonas rurais do noso concello cun
único contenedor de restos, unha mala colocación dos contenedores novos e unha
falla absoluta de sensibilidade para os veciños que presentan as súas queixas e
dubidamos moito de que sexa máis rentable para as carteiras dos veciños, que
pagaran “por decreto” algo menos nas súas facturas, pero posiblemente paguen o
restante por vía dos seus impostos.
Os problemas son numerosos: A
obsesión por planificar un sistema, onde só unha empresa podía subministrar os
contenedores e os vehículos de recollida, non permitiu a competencia e polo
tanto encareceu o contrato, ademais de abrir a porta a supostos amaños na
contratación. A subrogación dos traballadores dunha empresa en activo sen as
garantías legais oportunas, pon en risco a continuidade dos traballadores e
pode traer consecuencias xudiciais innecesarias para o grupo de goberno do PP
como di a Fiscalía na denuncia presentada por este órgano no ámbito xudicial. A
falla de planificación na recollida fai que non se poidan instalar illas de
contenedores nas zonas rurais e moitas das zonas urbanas do concello pola
incapacidade dos vehículos actuais de acceder a estas localizacións. A falla de
políticas de información e participación fai que moitos veciños descoñezan o
sistema de recollida actual e a necesidade de utilizar ben os contenedores para
evitar o rexeitamento da recollida por parte das empresas que os xestionan. A
falla de capacidade de negociación puxo en risco a planta de residuos de
Nostián e a dos seus empregados, moitos deles arteixáns, tendo que levar o lixo
ata un sistema de incineración como o de SOGAMA.