Preguntas sobre o servizo de comedor do Centro de Maiores


PREGUNTAS ESCRITAS

Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

Coa creación e futura posta en marcha do centro residencial e centro de día de maiores de Arteixo, co conseguinte servizo de comedor para ambos os dous servizos e tendo en conta que actualmente existe un servizo de comedor do centro de maiores da Baiuca, o Grupo Municipal Socialista formula a seguinte pregunta

● En que situación queda o comedor do centro de maiores da Baiuca, seguirá en activo como está funcionando actualmente ou vai ser trasladado para as novas instalacións patrimonio do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e, en caso de ser trasladado haberá cambios substanciais no seu funcionamento que afecten ós usuarios tales como pasar da comida feita do día a dispor de comida rexenerada tal e como se pode entrever nas bases de licitación?

● En que vai afectar ó comedor sobre rodas e ás comidas que se sirven a domicilio?
Anterior
Anterior

SOLICITUDE SOBRE A SITUACIÓN DA AUGA DA TRAÍDA EN ARTEIXO

Siguiente
Siguiente

ROGO APERTURA CENTRO DE MAIORES