OS SOCIALISTAS DE ARTEIXO SOLICITAN A REBAIXA DO IBI RÚSTICO E A BONIFICACIÓN A FAMILIA NUMEROSAS
O
Grupo Municipal ven de presentar unha moción pedindo a rebaixa do gravame no
IBI rústico, despois da revisión dos valores catastrais que fai que moitas
familias teñan problemas para o pago deste imposto. O Concello de Arteixo debe actuar para
paliar os efectos que están a sufrir os veciños con inmobles no ámbito rural
que tributan a un tipo do 0.65 fronte ao 0,4 que tributan en zona urbana.
A lei establece tipos mínimos do 0,4 no ámbito urbano e 0,3 no ámbito
rústico, actualmente o tipo de gravame aplicable nos bens inmobles de carácter
rústico “0,65”
un tipo discriminatorio con respecto ao que teñen no ámbito urbano “0,4” , pagando moito máis o
propietario dunha vivenda no rural que no urbano.
Para armonizar esta situación, dende o Grupo Municipal Socialista
propoñemos baixar o tipo de gravame para o ámbito rústico ao mesmo nivel que o
urbano, é dicir o 0,4.
Deste xeito unha familia cunha vivenda no rural que actualmente veña a
pagar 657,50 euros de contribución, pasaría a pagar 404,62 euros, como faría se
esta casa estivese situada no ámbito urbano.
Ademais propoñemos que se introduzan bonificacións para as familias
numerosas, limitadas polo valor das propiedades e a renda familiar, como medida
de apoio as familias que máis problemas teñen para afrontar estes impostos.
Esperamos
que esta medida proposta polo Grupo Municipal Socialista de Arteixo, dentro de
outra rebaixas de impostos que leva proposto durante toda a lexislatura sexa
atendida polo Grupo de Goberno e así poidamos normalizar unha discriminación
que teñen as vivendas do rural fronte as urbanas.