ROGO PEDINDO SANEAMENTO E TRAÍDA NO MONTE ACIVEIRO
Dende fai 7 anos a
totalidade da corporación arteixá pactamos aprobar por unanimidade as obras que
pechen a rede de traída e sumidoiros do noso rural e a renovación onde xa
exista e sexa necesario proceder a ela. No Monte Aciveiro na parroquia de
Armentón no seu límite con Larín, algúns veciños detectaron que os pozos dos
que consumían a auga potable están contaminados e non conteñen auga apta para o
consumo humano, seguramente derivado da cuantiosa pluviosidade deste inverno,
este barrio carece de traída e saneamento na actualidade e os veciños atópanse
nunha situación crítica, xa que non poden usar os pozos privados e teñen medo a
ser contaminados no lavado persoal, da louza ou dos alimentos que consumen. A
administración fai poucas datas procedeu a levar auga e saneamento aos barrios
veciños e polo tanto non debera ser moi custoso achegalo ata este barrio.