Martín Seco “O abuso sistemático do mecanismo de expropiación, as modificacións urbanísticas a dedo e as contratacións por sistemas directos de Calvelo son propios doutro tipo de gobernos con menos tradición democrática”


No que vai de mandato, o PP de Carlos Calvelo camiña cara un xeito de gobernar máis propio de democracias de baixa calidade, esquecéndose de utilizar mecanismos de participación e transparencia no seu goberno.

Mentres a cidadanía segue a esperar por un Plan Xeral de todos e para todos, que segue metido nun caixón, asistimos a un sistemático cambio das normas urbanísticas alí onde lle interesa ao PP, tratando diferente aos veciños afectados con mecanismos distintos segundo sexa o lugar.

Utiliza indiscriminadamente o sistema de expropiación para facerse coas propiedades privadas, renegando da negociación e o acordo coa veciñanza para levar a cabo actuacións no noso territorio. 

Ademais dun abuso dos sistemas de contratación directa como constataba a interventora municipal nos seus informes da Conta Anual, que falan as claras dun posible fraccionamento de contratos que pode ser ata delictivo, do mesmo xeito que as graves irregularidades detectadas no proceso de municipalización da recollida do lixo, con reparos suspensivos da propia intervención que lle poden saír moi caras ao noso alcalde.

Dende o Grupo Municipal Socialista fai tempo que avisamos das graves consecuencias que pode ocasionar este xeito de gobernar, de costas a cidadanía e utilizando a maioría absoluta sen control, como se o pobo e os cartos de tódolos cidadáns de Arteixo fosen da súa propiedade.

Anterior
Anterior

Martín Seco “O PP e Marea deberan preocuparse por paliar os problemas derivados da implantación do Porto Exterior en Arteixo e deixarse de enganar aos cidadáns por meros intereses electorais”

Siguiente
Siguiente

O PSOE solicitou en Xunta de Voceiros a instalación dun punto de luz programada nas mesas de ping-pong e xadrez da Praza das Viñas, e novos elementos lúdicos nos parques de Arteixo