PREGUNTAS POLA SITUACIÓN DO AUTOCROSS DE ARTEIXO




PREGUNTAS ESCRITAS

        Fai poucas datas apareceu unha noticia nos medios de comunicación que falaba da cancelación das probas que estaban programadas no circuíto de autocross de Morás, e posteriormente dende o servizo de comunicación do Grupo de Goberno do PP no Concello de Arteixo, enviouse unha comunicación falando dunha suposta denuncia dun particular ao que se aludía con nomes a apelidos. Posteriormente soubemos de que este particular e/ou outros presentaron escritos durante varios anos pedindo que se cumprira unha suposta orde de precinto do circuíto ditada en anos anteriores e durante eses anos non se procedeu a levar a cabo ningunha actuación neste senso, os medios informaron tamén de que dende fai meses existían actuacións de Fiscalía por medio dunha denuncia do Seprona que solicitaba información sobre este tema e as actuacións levadas a cabo polo concello en relación coas probas efectuadas nos derradeiros anos nestas instalacións.

        Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos fondamente preocupados polas informacións aparecidas, xa que en numerosas ocasións durante os 7 anos de goberno do PP de Carlos Calvelo, comunicouse que non existían problemas na celebración de eventos neste circuíto e que se estaba a traballar na regularización do estado de legalidade no que se atopa dita instalación, o preocupante é que a día de hoxe está en perigo a celebración duns eventos deportivos de gran importancia económica para o noso municipio, de gran interese social e de moito arraigo para os nosos cidadáns e os da comarca.

Dende o Grupo Municipal Socialista, coa máxima preocupación, desexamos preguntarlles:

·        ¿En que situación de legalidade está o circuíto de Morás?, ¿pódense levar a cabo a celebración de eventos deportivos nesta instalación?, ¿Cando foi informado o Concello de Arteixo das actuacións de fiscalía con respecto a este tema?, ¿Por qué non se informou ao resto da corporación?, ¿Cal foi o traballo que fixo o Concello ata a aparición da denuncia para legalizar a situación do circuíto?, ¿Por qué non se proxectou a posible instalación dun novo circuíto se existían moitos problemas e non foron resoltos en 7 anos de goberno?

·        ¿Quen é o responsable de protexer os datos persoais de calquera escrito que se presente neste concello?, ¿ten o servizo de comunicación do Concello autorización para utilizalos neste caso?, ¿é coñecedor o goberno local da lei de protección de datos e os posibles prexuízos económicos que poden causar a falla de cumprimento desta lei?, ¿vaise facer responsable algún representante político, electo ou asesor, das posibles repercusións económicas que puidera causar aos cidadáns de Arteixo este uso de datos persoais?
  
Anterior
Anterior

O PSOE reclama ao goberno local explicacións polos continuos fallos da TDT

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN POLA SUPRESIÓN DE INFORMACIÓN LOCAL E CULTURAL NA RADIO GALEGA.