Martín Seco “A cidadanía de Arteixo sufre a falla de planificación e control do goberno de Calvelo nos servizos de auga e recollida do lixo”


O PSdeG-PSOE de Arteixo acusa ao Grupo de Goberno do PP de ter un ineficiente servizo de auga e non ter planificada a recollida do lixo a vinte días de que remate a prórroga co Consorcio das Mariñas

O Grupo de Goberno do PP trata de sacar peito coa súa xestión do Servizo Municipal de Auga, mentres os cidadáns de Arteixo critican día tras día ao goberno local por unha pésima xestión do servizo que reciben, cunha auga que chega sucia en demasiadas ocasións, cuns retrasos na xestión das altas e avarías e con continuos vertidos, atasques e fugas en lugares públicos. Son moitos os veciños que ademais denuncian que estas deficiencias veñen acompañadas por unha factura da auga que subiu exponencialmente nos derradeiros anos. Dende o Grupo Socialista somos coñecedores da sobrecarga que sufren os traballadores do servizo sen que o goberno local atope solucións a unha situación preocupante.

O día 30 de Xuño atopámonos por outro lado coa finalización da prórroga que ten o Concello de Arteixo co Consorcio das Mariñas, despois de que o noso concello abandonara dita entidade e a día de hoxe descoñecemos como vai a facer para poñer a funcionar un servizo básico como é a recollida do lixo, que persoal vai a ser o encargado de levalo a cabo, como se van a xestionar os puntos limpos ou onde se van a xestionar os residuos do noso concello, descoñecemos como a falla de vinte días se vai a facer a transición cara un servizo municipal e cales van a ser as repercusións desta transición e o peor de todo é que dubidamos de que o propio grupo de goberno teña planificado e clarificado como se vai a facer algo de tanta importancia para o noso concello, esperamos que en breve se nos comunique cal vai a ser a fórmula empregada para prestar o servizo e que este cambio non supoña problemas para a cidadanía igual que está a suceder co suministro de auga e alcantarillado.  

Anterior
Anterior

Martín Seco “O Goberno Local de Arteixo non pode seguir dilatando a falla absoluta de regulación que existe coas terrazas dos nosos locais hostaleiros”

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RELATIVA AOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA 2018