“Un ano despois da posta en marcha da aplicación para incidencias no concello de Arteixo e observando o seu rotundo fracaso, o voceiro do PSdeG-PSOE, Martín Seco, volveu a pedir que se recolla a súa proposta electoral do 2015 abrindo o uso da aplicación a toda a cidadanía ”


O PSdeG-PSOE  levaba no seu programa electoral de 2015, a implantación para toda a cidadanía dunha aplicación de fácil uso para teléfonos móbiles, tablets e PC´s, co fin de comunicar avarías, problemas medioambientais, roubos, incidencias de tráfico,…, un sistema áxil e transparente, que puidese  incluír fotos e a xeolocalización das propias incidencias.

O ano pasado o noso grupo observou como o PP desenrolaba unha aplicación informática que non era de uso público, funcionaba con licencias limitadas exclusivas para concelleiros, traballadores do concello e asociacións veciñais, que só poden acceder á tramitación das súas propias incidencias e non poden ver o resto das tramitadas, por outra banda o PP decidía non facer públicos os datos que se tramitaban con este novo programa, disfrazando de aplicación de incidencias, un programa informático que pode mellorar o uso interno dos departamentos afectados, obras e medioambiente, pero non aporta melloras para a fluidez da información entre o concello e a cidadanía e menos para a maltratada transparencia municipal deste goberno municipal.

Como dixemos no seu día, existen grandes concellos que puxeron en funcionamento simples aplicacións como nos demandábamos, Madrid, Málaga,…, pero incluso concellos pequenos como Valdefresno en León duns 2000 habitantes ou Jaraiz de la Vera en Cáceres cuns 6500 tamén as utilizan, pero dende o goberno local do PP en Arteixo quédaronse cunha proposta moito menos ambiciosa e que non chega a tódolos veciños., conscientes de que prefiren seguir co seu sistema caciquil de xestión das incidencias que democratizalo para toda a cidadanía e seguímonos preguntando como farán os núcleos urbáns como Arteixo ou Pastoriza que non gozan de asociacións veciñais activas e se as que existen están utilizando o sistema implantado na actualidade, moito nos tememos que non. Ademais tampouco queren que as incidencias sexan públicas porque a transparencia é algo que non se promete, se practica ou non se practica e temos claro que aqueles que non queren ter unha radio municipal aberta para que non se escoiten as queixas da xestión municipal, menos quererán ter un lugar onde se poidan visualizar as incidencias mandadas.


Pese a todo o dito e co fin de ser útiles á cidadanía, facendo unha oposición seria e propositiva que mellore as condicións de vida dos arteixáns, durante a Xunta de Voceiros de hoxe, o representante socialista Martín Seco, volveu a pedir valentía ao goberno local para convertir a aplicación de incidencias nun instrumento de utilidade para a veciñanza, sempre se está a tempo de mellorar.
Anterior
Anterior

MOCIÓN EN RELACIÓN AO ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI GALEGA DE SAÚDE DO ANO 2008.

Siguiente
Siguiente

Martín Seco solicita ao Grupo de Goberno do PP que derrogue a ordenanza da plusvalía, renuncie ao cobro dunhas liquidacións que están declaradas contra dereito polos tribunais e deixe de aplicar dobre vara de medir cos administrados afectados por dito imposto