O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO ADVIRTE AO GOBERNO ARTEIXÁN DAS CONSECUENCIAS DE FACER UN URBANISMO FORA DA LEI E DOS PROPIOS REQUERIMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
O Grupo Municipal
Socialista de Arteixo xa advertiu no mes de Maio ao goberno do concello de
Arteixo que o Estudio de Detalle proposto non era o mecanismo válido para
solucionar un problema creado polo propio PP de Arteixo baixo o goberno de Pose
e que agora tratan de solucionar saltándose a lei e ata a Xunta de Galicia
gobernada polo seu partido.
No pleno deste luns
o goberno do PP de Arteixo trata de facer caso omiso e rexeitar o requerimento feito
pola Xunta de Galicia para anular o acordo plenario que aprobaba
definitivamente o Estudio de Detalle da Avd Platas Varela entre os números 20 e
28. Nun informe da Consellería de Infraestruturas que advirte que o estudio de
detalle non é o mecanismo axeitado para legalizar a situación deste edificio,
que non cumpre as normas subsidiarias vixentes en Arteixo ao aumentar a
edificabilidade e trocalas alineacións.
Dende o PSdeG-PSOE
de Arteixo advertimos unha vez máis das consecuencias das actuacións que se
efectúan dende o concello, que ao final acaban pagando os cidadáns por culpa da
irresponsabilidade dos seus gobernantes, supoñemos que a Xunta de Galicia
levará a cabo as accións oportunas para garantir a legalidade e recordamos que
o código penal nos artigos 319 e 320 advirte das responsabilidades que os
representantes políticos e funcionarios teñen ante os delitos urbanísticos. Os
veciños desta vivenda necesitan solucións ante os problemas creados por un
goberno e promotor irresponsables, pero non poden vir pola vía da ilegalidade e
deben buscarse solucións baseadas no cumprimento da lei.