O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO SOLICITA AO GRUPO DE GOBERNO DO PP A APROBACIÓN COMO INSTITUCIONAL DUNHA MOCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presenta unha moción para o pleno de Novembro que pretende que o Grupo de Goberno e o resto dos Grupos da Oposición convirtan en institucional, reclamando do estado un compromiso cos entes locais para a recuperación das competencias en materia de loita contra a violencia de xénero e o incremento de aportacións económicas reflexadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero cara os entes locais para poder loitar contra esta lacra que castiga a nosa sociedade.
A loita contra a violencia que se exerce cara ás mulleres, debe ser unha prioridade que nos obriga a toda a sociedade no seu conxunto. Unha obrigación que lle corresponde en primeira instancia aos gobernos e administracións no marco das súas correspondentes competencias.
Non se poderá avanzar na erradicación da violencia e na atención específica ás mulleres, se non se establecen os mecanismos de coordinación necesarios entre as diferentes administracións e institucións con responsabilidade na materia, pero tampouco se poderá seguir avanzando se non se dotan ás distintas administracións dos recursos económicos e de persoal especializado adecuado.
É imprescindible dotar de novo aos Concellos das súas competencias en materia de igualdade. É necesario e imprescindible contar coas estruturas municipais e a súa implicación na loita contra a violencia de xénero, e para iso é fundamental dotarlles de recursos adecuados.
Dende o Grupo Socialista estamos seguros que tanto o goberno do PP, como o resto dos grupos da oposición estarán dacordo nas propostas que dende o noso grupo poñemos enriba da mesa.
MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Un ano máis,
con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desde o
Grupo Socialista queremos manifestar o noso máis firme compromiso coas mulleres
vítimas da violencia de xénero. Un compromiso activo día a día, porque para erradicar a violencia requírese o compromiso individual
e colectivo durante todos os días do
ano.
A loita contra a violencia que se exerce cara ás
mulleres, debe ser unha prioridade que nos obriga a toda a sociedade no seu
conxunto. Unha obrigación que lle corresponde en primeira instancia aos
gobernos e administracións no marco das súas correspondentes competencias.
A violencia de xénero afunde as súas raíces na
histórica desigualdade que tiveron e aínda seguen tendo as mulleres, como
consecuencia do patriarcado existente nas nosas sociedades, por iso é
fundamental abordar a súa erradicación
desde as políticas de igualdade, desde o feminismo, para favorecer
unha cultura da igualdade fronte a unha
cultura da submisión.
No noso país dispomos dun marco lexislativo a través
da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero,
tamén de leis autonómicas na maioría das Comunidades Autónomas e recentemente
foi aprobado polo Congreso dos Deputados o Pacto de Estado Contra a Violencia
de Xénero.
Para contribuír a erradicar a violencia de xénero
precísanse medidas políticas e institucionais desde os diferentes ámbitos que aborden o
problema de maneira integral e sexan capaces de dar resposta ás necesidades específicas das mulleres
vítimas e ás das súas fillas e fillos.
Non se poderá avanzar na erradicación da violencia e
na atención específica ás mulleres, se
non se establecen os mecanismos de coordinación necesarios entre as diferentes
administracións e institucións con
responsabilidade na materia, pero
tampouco se poderá seguir avanzando se non se dotan ás distintas
administracións dos recursos económicos e de persoal especializado
adecuados.
Na resposta
integral, as administracións
locais son unha peza crave e xogan un papel
fundamental. Os Concellos pola súa propia definición como institución
máis próxima á cidadanía e ás necesidades sociais, supoñen o primeiro estamento
na prevención así como na atención a través de información, asesoramento,
protección e acompañamento ás mulleres
vítimas e ás súas fillas e fillos.
É imprescindible dotar de novo aos Concellos das súas competencias en
materia de igualdade. É necesario e imprescindible contar coas estruturas
municipais e a súa implicación na loita contra a violencia de xénero, e para
iso é fundamental dotarlles de recursos adecuados.
Neste sentido, convén sinalar o aprobado no PACTO DE
ESTADO CONTRA A VIOLENCIA, con respecto aos Concellos e á función que deben
desempeñar.
Por todo iso, desde o Grupo Municipal Socialista,
propomos para a súa aprobación polo Pleno os seguintes ACORDOS:
1.- Instar o Goberno de España, a que inicie os
trámites para as modificacións lexislativas necesarias, ao obxecto de devolución das competencias ás
entidades locais no exercicio das políticas de igualdade e contra a violencia
de xénero.
2.- Instar o Goberno de España, o cumprimento do
compromiso económico acordado no PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO, ao obxecto de destinar vía
transferencia aos Concellos, un incremento anual de 20 millóns de euros durante
os próximos 5 exercicios, para o desenvolvemento das medidas correspondentes
contempladas no devandito Pacto.
3.- Dar traslado da Moción e a súa aprobación ao
Presidente do Goberno, a Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ao
Ministro de Facenda e Función Pública, así como ao Presidente da Federación
Española de Municipios e Provincias (FEMP).