Preguntas sobre a situación da nova ordenanza de terrazas en Arteixo


No mes de Xuño do ano 2013 e despois de observar a falla absoluta de control por parte do noso concello na instalación de novas terrazas nos locais de hostalaría de Arteixo e o desgoberno absoluto que sentían os noso veciños con este tema, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para pedir que se redactase en colaboración co resto dos grupos da oposición e das asociacións de hostaleiros, unha Ordenanza de Ocupación da Vía Pública para que quedase regulado o uso de ditas instalacións, dende o Grupo de Goberno se nos pediu que trocásemos os acordos da moción presentada para en vez de na súa redacción, e se establecese unha comisión de control  que fiscalizase a redacción desta e a súa posta en funcionamento, ademais de comprometerse a redactala con premura.

Enlace:    Moción Terrazas 2013

Dende o Grupo Municipal Socialista cedimos de boa fe ante dita solicitude e unha vez máis fomos enganados polo Grupo de Goberno, que acorda cousas nos órganos que representan a tódolos cidadáns para logo non facer nada de iso.

En Septembro de 2014 presentamos unhas preguntas sobre a situación de dita ordenanza e dixeron que a terían redactada en breve, volvendo a atoparnos con palabras baleiras.


En Xaneiro de 2016 e vendo como a inoperancia do goberno local, volvimos a presentar a mesma moción do 2013, sendo rexeitada de novo polo Partido Popular, que volveu a afirmar que estaba a piques de rematala e informar ao resto da corporación.


Fai poucas datas informousenos dende o goberno local que xa tiñan redactada a Ordenanza e que se nos informaría á oposición para consensuala, pero seguimos cunha espera que fai que a inseguridade xurídica dos veciños e os propietarios dos locais de hostalaría aumente, con denuncias ante os xulgados que obrigan a retirada dalgunha terraza, outras en trámite e a construcción dalgunhas novas que baixo a nosa humilde consideración exceden o fixado na lei.

 Desde o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

¿Cal é a situación actual de dita Ordenanza?
¿Cal é o problema para non tela en funcionamento despois de 44 meses da presentación da nosa moción “casi 4 anos”?
¿Cal é o método e a lexislación utilizada polo grupo de goberno para autorizar novas terrazas despois das sentencias que obrigan a retirada dalgunhas terrazas instaladas fai tempo?

Anterior
Anterior

PREGUNTAS AO GOBERNO LOCAL POLA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA A TRAMITACIÓN DO INVENTARIO DE BENS

Siguiente
Siguiente

“O PP de Arteixo, despois de decidir en solitario o abandono do Consorcio da Mariñas, acude a un Consello Veciñal, sen propostas concretas sobre que facer co noso lixo en Xaneiro de 2018 e trasladándolle o problema aos representantes veciñais cunha proposta de enquisa, que farán sen ningunha garantía de obter un resultado serio e veraz”