Mocións do PSdeG-PSOE de Arteixo sobre BECAS e COPAGO SANITARIO para o Pleno de Febreiro
MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A DERROGACIÓN DO REAL DECRETO 16/2012
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O ámbito subxectivo do dereito á protección da saúde foi profundamente modificado por este Goberno mediante o Real decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.
Este Real decreto supón un intento de reformulación implícita dos principios de universalidade e gratuidade da sanidade pública. No primeiro punto pola súa consecuencia de excluír do sistema a unha parte da poboación, pola súa condición laboral ou de orixe. Na segunda cuestión, porque este Real decreto foi o que deixou sentadas as bases para a instauración do copago sanitario, que se consolidou coa Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega da persoa usuaria, en desenrolo do Real decreto-lei 28/2012, do 30 de novembro, de medidas de consolidación e garantía do sistema da Seguridade Social.
En relación coa universalidade da atención sanitaria, é necesario lembrar que con este Real decreto 16/2012 alterouse unha norma de consenso que se plasmou, no 2003, no artigo 3 da Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, e que ten a súa orixe na Ley General de Sanidad de 1986 impulsada por Ernest Lluch e que conlevou o recoñecemento de toda a comunidade internacional. Retrocedendo no longo camiño percorrido ata entón, volveuse a vincular o dereito á asistencia sanitaria pública gratuíta coa Seguridade Social. Consagra de volta a figura do «asegurado» como suxeito do dereito á protección da saúde. O Real decreto-lei 16/2012, derrogou tacitamente os preceptos da Lei xeral de saúde pública sobre a extensión da asistencia sanitaria, deixando sen cobertura sanitaria directa ás e aos profesionais e a todas e todos aqueles que non teñan ningún vínculo coa Seguridade Social -e, mesmo, aos descendentes de asegurados maiores de 26 anos-, cuxos ingresos superen un determinado límite que a norma non precisa. Pero o máis grave é a expulsión da cobertura pública sanitaria das e dos estranxeiros sen permiso de residencia, coas graves consecuencias que implica en termos de saúde individual, saúde colectiva ou saúde pública, ademais do recorte de dereitos que supón e que non respecta principios constitucionais como é o da dignidade da persoa.
Por outra banda, o Goberno de España seguiu recortando neste tempo o dereito á cobertura sanitaria das e dos españois. Mediante modificacións lexislativas incluídas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, modificouse a cobertura sanitaria das e dos españois que esgotasen as prestacións do sistema de protección por desemprego, que perderían o seu dereito á asistencia sanitaria no noso país se saen de España por tempo superior a 90 días, incluso para buscar traballo ou formación. A presente iniciativa pretende repoñer a situación xurídica previa á promulgación do real decreto-lei citado.
No respectivo ao copago, este Real decreto é unha medida que constitúe unha profunda inxustiza, xa que instaura a obriga de repagar por unha parte do servizo sanitario, como é o tratamento farmacolóxico, vulnerando así o criterio de gratuidade da sanidade pública. Ademais resulta especialmente lesiva xa que afecta, de xeito sinalado, a persoas enfermas con doenzas crónicas (cancro, hepatite, esclerose …) polo seu maior gasto farmacéutico. Estas persoas pacientes veñen acrecentando o seu problema, pois ademais da dificultade médica da súa situación, son principais afectados por unha medida inxusta. A maiores, as persoas máis sinaladas por este tipo de casos son pensionistas xubilados e xubiladas, co que os problemas asociados á economía doméstica engaden dificultade ao contexto da medida.
Ante esta medida, moitas foron as asociacións e colectivos de pacientes, profesionais sanitarios e consumidores, partidos políticos, sindicatos e ONGs os que elevaron a súa protesta á Administración. De igual maneira o fixeron algunhas comunidades autónomas, como Castela e León, Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana ou País Vasco, que amosaron a súa incomprensión ante unhas medidas tan ineficaces como inxustas e incluso algunhas recorrendo ao Tribunal Constitucional
Despois dos anos de aplicación deste sistema de exclusión non se puido acreditar aforro algún para o sistema sanitario, pero si existen acreditados numerosos casos nos que a falta de acceso normalizado á asistencia sanitaria concluíu con persoas que viron agravadas as súas situacións persoais e as enfermidades que padecen. Un balance cruel baseado na imposición, tan inútil como inxusta, que urxe rectificar.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista de Arteixo somete á consideración do Pleno da corporación Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:
1. Instar ao Goberno de España a que derrogue o Real decreto 16/2012 do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.
2. Instar á Xunta de Galicia a que poña en marcha medidas que suplan as carencias que produce o RD 16/2012 mentres non se acade a súa derrogación. Estas medidas serían:
a. Impulsar un plan inicial de reversión do copago farmacéutico, que comece por asumir por parte da administración o custo dos medicamentos para as e os xubilados con pensións menores de 800€/mes.
b. Establecer un calendario de medidas que avance progresivamente na eliminación do copago sanitario para as persoas pacientes do Servizo Galego de Saúde.
c. Implementar, nos centros de saúde e hospitalarios, o persoal e recursos necesarios para poder atender en igualdade de condicións a todas as persoas residentes en Galicia que necesiten de asistencia sanitaria, sen prexuízo da súa orixe o situación sociolaboral.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Unha política educativa baseada na EQUIDADE é a única que nos fai a todos
iguais, independentemente das nosas condicións socioeconómicas e un dos
instrumentos fundamentais para conseguilo é unha política de Bolsas que chegue
a todos aqueles cidadáns con problemas económicos para poder estudar.
A combinación de recortes orzamentarios, reformas legais e decisións de
xestión conduciron a un cambio de modelo que implica unha regresión importante
nun dereito fundamental como é a educación, sacrificando a equidade que
constituíra unha das nosas maiores
fortalezas educativas e deixando un futuro de oportunidades educativas,
accesible para uns poucos.
Un dos capítulos de maior regresión é o das axudas e bolsas ao estudo.
Entre as primeiras medidas que tomou o Goberno do Partido Popular nestes “cinco
anos negros” para a educación no noso país está a promulgación de dous Reais
Decretos: O Real Decreto Lei 14/2012 do 20 de Abril que reglamenta a
modificación dos prezos públicos das taxas universitarias existentes ata ese
momento e o Real Decreto 1000/2012 do 29 de Xuño que modificou totalmente as
condicións para poder ser beneficiario dunha Bolsa de estudos. A partir do
curso 2012/2013 prodúcese unha auténtica discriminación cara aos alumnos
bolseiros, xa que agora esíxeselles, ademais de cumprir os limiares de renda e
patrimonio, unha nota media dun 5´5 puntos para Bacharel e 6´5 puntos para unha
bolsa universitaria, rompéndose a igualdade ata entón de que cun 5 podían
estudar os que tiñan recursos económicos e os que non, mediante Bolsas.
As modificacións e regresións no sistema de bolsas e axudas ao estudo,
acompañado dunha subida desproporcionada dos prezos públicos de matrícula
universitaria, supuxo unha combinación letal para miles de estudantes que veron
como a crise facía estragos nas súas economías familiares, dificultando de maneira
inxusta a súa posibilidade de acceso á educación universitaria.
Os prezos públicos de matrícula e o sistema de bolsas e axudas ao estudo
forman un binomio central para a garantía da igualdade de oportunidades e deben
asegurar en conxunto que ningunha persoa deixe de estudar por carecer de
recursos económicos.
Pero non só se lles castiga aos que menos teñen esixíndoselles máis notas
que aos que non necesitan Bolsa, senón que ademais rebáixaselles a cantidade da
mesma.
Este novo sistema crea ademais incerteza, xa que se divide a Bolsa nunha
cantidade fixa e outra variable, dependendo esta última da existencia de
recursos económicos, polo que os alumnos non saben ao comezar o curso a
cantidade que van recibir.
Con este Real Decreto rompe coa consideración da Bolsa como “dereito
subxectivo” para todos os alumnos que aproben e que non dispoñan de recursos
económicos, xa que agora vai depender da cantidade económica orzada.
Nestes cinco anos a contía media das bolsas baixou en máis dun quince por
cento, e nas bolsas compensatorias dedicadas a aqueles alumnos con menos
recursos económicos e que necesitan residencia para estudar unha carreira
universitaria a baixada foi de máis dun
corenta por cento.
Estas medidas, xunto á subida das taxas universitarias, ocasionou que máis
de 100.000 alumnos fosen expulsados do sistema educativo.
Ademais, o novo sistema tivo enormes dificultades de aplicación pola falta
de coherencia, previsión e incerteza. Entre as máis graves están o atraso no
pago das bolsas, unha diminución xeneralizada na contía das mesmas á que se
engade a imposibilidade de coñecer con suficiente antelación a contía e, por
tanto, a dificultade de reclamar en caso de recibir unha dotación inferior.
Esta reforma foi tamén un exemplo da falta de diálogo e participación na toma de decisións das políticas en materia educativa. A reforma
do sistema de bolsas implantada polo PP foi unha decisión unilateral que
obviou, non só ás partes afectadas, sobre todo o alumnado, senón que, ademais,
incumpriu a propia normativa que obriga a convocar o Observatorio de Bolsas,
foro pertinente para a toma de decisións nesta materia creado a través do Real
Decreto 1.220/2010, do 1 de outubro.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Arteixo presenta
para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando o Goberno de España a:
1.- Convocar con carácter de urxencia o Observatorio de Bolsas, creado a
través do Real Decreto 1220/2010, do 1 de outubro.
Devandito Observatorio emitirá un informe, preceptivo, antes das
convocatorias anuais de Bolsas e axudas ao Estudo.
2.- Modificar a normativa reguladora das bolsas para recuperar o verdadeiro
sentido das mesmas como dereito subxectivo, sen que ningún estudante que cumpra os requisitos
quede sen bolsa por cuestións orzamentarias.
3.- Modificar os requisitos
académicos actuais para a obtención dunha Bolsa, propoñéndose que sexan os
mesmos que para calquera alumno non Bolseiro, para o que se restablecerán os
requisitos dispostos no Real Decreto 1721/2007, do 21 de decembro, de bolsas e
axudas ao estudo personalizadas
4.
Establecer criterios claros, obxectivos e ponderables para a súa obtención, de
tal maneira que o solicitante poida coñecer de antemán os criterios polos cales
se lle outorgan e a contía que percibirá se lle é concedida, no caso de
cumprilos.
5.- Facer a convocatoria anual de Bolsa inmediatamente despois da publicación do Real Decreto de Bolsa, de forma que a Resolución e o pago
das mesmas se realice antes do comezo do curso.
6.-
Revisar os limiares de Renda e Patrimonio para o dereito a unha bolsa, seguindo
o recollido nos ditames á convocatoria de bolsas e axudas ao Estudo aprobadas e
emitidas polo Consello Escolar do
Estado, e adaptándoo ás circunstancias de cada momento, e non computar no
límite patrimonial familiar, fixado en 1.700 euros, as subvencións ou
prestacións económicas concedidas polas Administracións Públicas que teñan por
finalidade atender a situacións de necesidades sociais puntuais, urxentes e
básicas de subsistencia
7.-
Eliminar as trabas establecidas para as Bolsas Erasmus, cos novos requisitos,
recuperando os anteriores e ampliar nos exercicios sucesivos os créditos
orzamentarios destinados para este
programa.
8.-Crear
unha Bolsa de “rescate” que permita que
aqueles alumnos que tivesen que abandonar os estudos polos criterios académicos
introducidos na reforma de 2012 se poidan incorporar ao Sistema Universitario.
9.-Ofertar
unha modalidade de Axuda Específica para aqueles alumnos que necesiten realizar
a Acreditación Lingüística e que actualmente é o nivel B1.
10.- Impulsar unha modalidade de convocatoria que
inclúa o pago da matrícula aos licenciados e graduados en situación de
desemprego para que realicen estudos de
posgrao en universidades públicas.
11.-
Recuperar as dotacións orzamentarias destinadas á convocatoria de Bolsas Séneca, de mobilidade nacional, e que foron
eliminadas no curso 2012-2013
12.-
Promover, No marco da Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello
de Universidades, un novo marco estatal de prezos públicos de matrícula
equitativo e que permita manter un marco
coherente de prezos no conxunto do
Estado, tanto para os graos de máxima como de mínima experimentación e os máster, asegurando así a igualdade de
oportunidades e que leve unha redución
do prezo dos mesmos.