Despois de denunciar un recorte no persoal de apoio aos alumnos con necesidades especiais no CEIP Ponte do Brozos, o goberno local do PP, di que a Consellería de Educación en mans tamén do PP, solucionará o problema, mantendo recortes con respecto ao curso pasado.


O PSdeG-PSOE de Arteixo denunciou na campaña electoral de Setembro, como a Xunta de Galicia, continuaba coa súa campaña de recortes nos servizos que ten ofertar aos usuarios de educación pública, cunha fonda preocupación entre os nais e país de alumnos con necesidades especiais do CEIP Ponte dos Brozos, pola diminución do persoal docente e non docente para atender aos seus descendentes.
O colexio máis grande de Galicia e nunha situación lamentable de masificación, con algo máis de 1.100 alumnos, veuse afectado por novos recortes neste curso 2016/2017, e perdeu un profesional en  audición y linguaxe e horas dun profesional de pedagoxía terapéutica, que agora pasará a estar compartido coas escolas unitarias, ademais de facer caso omiso das necesidades dun novo coidador para atender aos alumnos discapacitados, que solicitara o centro educativo.

O goberno do PP na Xunta de Galicia, seguindo os principios ideolóxicos da LOMCE, non está interesado en fomentar a igualdade, e non lle interesa que determinado tipo de alumnos estea nas mesmas condicións cós demais na atención educativa, reducindo o número de sesións aos alumnos con diagnóstico permanente e retirándolle dita atención a aqueles que teñen temas puntuais ou menos graves.

O Grupo Municipal Socialista volveu a denunciar este caso a principios deste mes e presentou na Xunta de Voceiros un rogo pactado cos grupos do BNG e TEGA (Adxunto a este comunicado), para pedirlle ao grupo de goberno do PP no Concello de Arteixo, que se mobilizara xunto cos pais e nais, que levan recollidas máis de mil firmas, para reverter esta situación. En dita Xunta de Voceiros, o representante do PP, dixo que este caso estaba en proceso de solución e que contratarían a outro profesional máis a media xornada, o que sería claramente insuficiente, ás vistas das necesidades que existen neste centro escolar e menor aos recursos que tiñan no curso anterior. 

Resulta complicado entender como satisfactorio, que despois de realizar uns recortes no persoal como os antes denunciados, a solución pase por aceptar unha contratación menor de persoal de apoio do que gozaban estes alumnos o curso pasado, polo que o Grupo Municipal Socialista preguntará no pleno do próximo xoves pola suposta solución aportada pola Consellería de Educación e se este resulta insuficiente para os pais e nais do CEIP Ponte dos Brozos, seguiremos pedíndolle ao Grupo de Goberno do PP, que esixa aos seus compañeiros de partido na Xunta de Galicia, para que garantan unha calidade mínima de atención aos usuarios do ensino público.

ROGO DOS GRUPOS PSdeG-PSOE, BNG E TEGA




Anterior
Anterior

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Despois de case seis anos de goberno do PP en Arteixo, é preocupante ver a incapacidade de Carlos Calvelo para deseñar o modelo de concello que queremos no futuro, non ter ningún tipo de canle de comunicación con oposición e veciñanza e non saber que relación quere manter coa nosa comarca”

Siguiente
Siguiente

O goberno do Partido Popular en Arteixo segue inmóbil, despois da perda de posibles fondos europeos millonarios, no desenrolo do programa europeo de estratexias integradas de desenrolo urban sostible "EDUSI"