“O PP debe poñerlle solución ao desastre de obras que fixo no entorno da Travesía de Meirás en Meicende, mal proxectadas, mal desenroladas e de peor calidade”
A finais do ano 2014 e principios do
ano 2015, aproveitando a chegada das eleccións municipais, o PP de Arteixo
poñía patas arriba o noso territorio, levando a cabo as obras que non
desenrolara durante todo o mandato, obras mal planificadas e peor desenroladas,
nas que tomou decisións sen contar coa opinión dos veciños afectados, que agora
estamos a pagar un día si e outro tamén, todo por levar a cabo unha mala
planificación e control das obras, máis preocupados por ensinar cemento antes
da chegada de Maio de 2015 que de dar solucións aos veciños, moitos miles de
euros tirados ao chan, que en moitos casos xa non se poderán recuperar e
noutros casos aínda están por aflorar.
Resulta incomprensible, nun concello
con tantos traballadores nos departamentos de urbanismo e obras, con miles de
euros gastados en proxectos e direccións de obra externos que os nosos departamentos
non realizan, cun gasto millonario en liquidacións das obras executadas, que
teñamos que ver como ditas actuacións, acaban xerando un problema para os nosos
veciños, en vez de ser unha solución. O visto a pasada semana no barrio de Santaia, nunha obra custosa, que en vez de
solucionar os problemas aos veciños, está a convertirlles a vida nun pesadelo,
esta semana quedamos perplexos ao ver como se está a levantar toda a obra
realizada no entorno da Travesía de Meirás e o parque de Meicende, unha obra de
190.000 euros, que só serviu para xerar problemas entre os veciños, que non
foron preguntados polo seu parecer, que non mellorou a configuración do parque
para os usuarios, que segue sen o campo multixogos prometido e que se está a
levantar pola falla de calidade na construción.
Dende o Grupo Municipal Socialista
de Arteixo esiximos que dende o Grupo de Goberno do PP, se lle esixa á empresa
construtora, a reparación dos defectos e que se convoque aos veciños afectados,
para buscarlle solución aos problemas que teñen, xa que nos consta que a
Asociación de Veciños de Meicende leva esperando tres meses a ser recibidos
polo alcalde, que supoño que terá pouco que contar da falla de solucións
viarias, de seguridade e venta de drogas
e a falla de servizos nesta parroquia arteixá.