“O Concello de Arteixo debe solicitar a liña de subvencións da Deputación de A Coruña para poder abrir a Oficina de Turismo os fins de semana e festivos”
No anterior mandato municipal, escoitámoslle falar a cotío, tanto a Carlos Calvelo, como ao seu equipo, da necesidade de poñer en funcionamento unha política de turismo que axudase no desenrolo económico do noso concello, durante ese mandato limos moitos titulares de prensa, falando de de turismo industrial e outras ocorrencias, pero a realidade é que pasados cinco anos e despois de ter mareado a media plantilla municipal, o servizo de turismo mantense baixo mínimos e sen ningún tipo de iniciativa interesante, que redunde na promoción dun sector que podería impulsar firmemente a nosa economía, e con ela a de moitos empresarios, que se dedican ao comercio e a hostalaría en Arteixo, dotando ademais ao noso entorno de moitas máis posibilidades de emprego.
Nas derradeiras datas escoitámoslle ao señor Calvelo aseverar que tras cinco anos de goberno, levaba pouco no cargo, período que o situaría na recta final da súa actividade gubernamental se estivésemos en liña con outros países occidentais onde se limita o goberno a dous mandatos, e seguimos lendo nos medios como segue a falar de elaborar novos proxectos, como se acabase de chegar onte, pero a realidade é que existe unha falla absoluta de proxecto para Arteixo, algo que disculpa falando dunha proxección que non existe.
En Arteixo, púxose en marcha unha oficina de turismo, onde antes estaba situada a Estación de Autobuses, e aínda que o lóxica sería que esta instalación estivese aberta os fins de semanas e festivos, que é cando maior número de turistas puidéramos recibir, a oficina atópase pechada por falla de persoal, polo que dende o grupo Municipal Socialista aproveitamos que nestas datas, a Deputación de A Coruña publicou as bases dunha liña de subvencións para o financiamento do gasto de persoal para as oficinas de turismo, para solicitarlle ao goberno local que solicite esta subvención é dote á oficina de turismo de persoal que poida ter aberta dita oficina as fins de semana e os festivos e polo menos a xente pode enterarse de que facer no noso concello cando o veñen a visitar.