“O concello de Arteixo debe esixirlle a Fomento e a Xunta de Galicia, a paralización dun convenio lesivo contra os nosos intereses no acceso a Langosteira e a eliminación da peaxe da AG-55”



O Grupo Municipal Socialista de Arteixo, está profundamente preocupado pola falla de autoridade do alcalde Calvelo no seo do Partido Popular de Galicia, xa que ante unha cuestión de vital importancia para o noso concello e comarca, como é a posibilidade de que Fomento asumise como alternativa de acceso á Autovía ao Porto de Punta Langosteira, a eliminación da peaxe da AG-55, entre A Coruña e Arteixo, unha proposta que dende o concello valorouse en 22 millóns de euros, segundo o traballo realizado por un estudio privado, algo que sería menos custoso que a infraestrutura elixida por Fomento, de máis de 30 millóns de euros e sen contar o enlace de POCOMACO que incrementaría dito custo, ademais de ser menos lesiva para o noso territorio e o noso medioambiente, xa danado polas múltiples infraestruturas que recibimos e que respondería a unha das reivindicacións históricas de Arteixo, como é a de ter unha circunvalación, algo de imperiosa necesidade para os nosos cidadáns e as nosas empresas. 

Dende o noso grupo, presentamos unha moción de urxencia no pasado pleno de Febreiro, para mostrar unha posición conxunta de toda a corporación, contraria á decisión do Ministerio de Fomento de construír a chamada cuarta rolda e non liberar a peaxe da AG-55 entre A Coruña e Arteixo, moción que foi retirada á instancia do Grupo de Goberno do Partido Popular, para redactar unha Declaración Institucional conxunta, máis extensa, incluíndo unha comunicación á Xunta de Galicia, para que non asinara o convenio co Ministerio de Fomento e a posibilidade de denunciar o caso ante Bruselas, polo mal uso dos fondos europeos cos que está financiada a actual obra do Quinto Pino, que quedaría totalmente inutilizada coa construción desta nova infraestrutura, quedamos tamén en iniciar unha campaña de información pública sobre este tema e facer un chamamento aos arteixáns, para que se mobilicen connosco contra esta decisión de Fomento.

Nestas derradeiras datas, o alcalde Calvelo baixou o nivel da reivindicación e ante as novas recibidas por parte da Xunta de Galicia, necesitamos toda a nosa capacidade de interlocución política para esixirlle a Fomento un trato xusto para o noso concello, polo que seguiremos adiante coa nosa solicitude de eliminación da peaxe e coa declaración de persoa non grata para a Ministra Pastor, polo insoportable ninguneo que infrinxe ao noso concello. 

Anterior
Anterior

MOCIÓN PARA O CONTROL DAS POMBAS NOS NÚCLEOS URBANOS DE ARTEIXO

Siguiente
Siguiente

“Un ano máis o capítulo de persoal incumpre as leis do estado en materia orzamentaria, sen que o goberno local actúe ante os informes negativos da Técnica de Persoal, a Interventora Municipal e o voto en contra de tódolos representantes dos traballadores na Mesa Xeral do Concello”