Moción do Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitándolle a XESTUR a utilización do presuposto de 2016 para rematar o tramo da CP-512 ao seu paso polo futuro Polígono de Morás


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

É moita a veciñanza de Arteixo que usan a vía CP-512 pertencente á Deputación de A Coruña, que une o Concello de Arteixo co de A Coruña dende o Alto de Arteixo ata o barrio de Mesoiro, pasando polas obras de construción do futuro polígono de Morás, e moitos deles teñen que circular por ela a diario para chegar a súa residencia ou para acudir ao seu lugar de traballo. 

Esta veciñanza ven soportando as obras de mellora e ancheamento interminables que se están a desenrolar nesta vía e que foron iniciadas xa no 2011 e que por fin semella que teñen luz verde para ser completadas en próximas datas, rematando cunha situación de enorme perigosidade dunha infraestrutura que se converte nunha arriscada aventura cando se ten que circular por ela de noite e/ou en malas condicións climatolóxicas.

Por outra banda a mesma vía circula polas obras de construción do futuro Polígono de Morás e durante a obra de construción deste polígono, XESTUR, propietaria da infraestrutura e responsable do tramo da CP-512 ao seu paso, fixo modificacións provisionais do trazado. A día de hoxe, o abandono da estrada comeza a ser preocupante, xa que deficiencias no pavimento causaron accidentes e danos en vehículos que transitaban por él, situación que semella que foi solucionada temporalmente tralas continuas queixas dos usuarios e representantes públicos ante as institucións municipal e provincial, pero as molestas bandas rugosas para o tráfico pesado seguen causando gran incomodidade aos condutores, algo que non sería preocupante se non fose que exista unha evidente paralización de dita construción, algo que semella que podería continuar durante anos, visto o presuposto da Xunta de Galicia no 2016 para dito polígono de só 1,1 millóns de euros e que debería facer a XESTUR reflexionar sobre a necesidade de rematar o tramo de paso da CP-512 polo polígono de xeito prioritario.

  Por todo o anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte, ACORDO:

Que o Concello de Arteixo solicite de XESTUR e ao Goberno da Xunta de Galicia, do que depende dito órgano:


  • Considerar como prioritaria a obra do tramos da CP-512 ao seu paso polo Polígono de Morás e utilizar os fondos de este 2016 asignados ao Polígono de Morás por parte da Xunta de Galicia a deixar o tramo en situación normal de tránsito. 


Anterior
Anterior

Nuevo tiempo: 17 iniciativas y #PoliticaEjemplar‏

Siguiente
Siguiente

Xestur debe solucionar con urxencia o abandono do vial de paso da CP-512 en especial ao seu paso polas futuras instalacións do Polígono de Morás