Solicitamos que o Grupo de Goberno troque o sistema organizativo das eleccións no noso concello, despois do desastre do día 20 de decembro

O Grupo Municipal Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo que trate de facer un esforzo de organización nas vindeiras eleccións no noso concello, despois do desastre que tivemos que vivir durante a xornada electoral do 20 de Decembro, cunha desorganización nada apropiada para un concello de máis de 30.000 habitantes en cun evento de vital importancia para os nosos veciños.

O Grupo de Goberno debería de pensar en desdobrar algunhas mesas electorais que teñen case que 1000 votantes nos núcleos urbanos, establecer algún colexio electoral novo ou cambios na organización nos colexios actuais que faciliten a participación da cidadanía, non pode ser que os colexios electorais carezan da información sobre as rúas e as mesas correspondentes na entrada, que estean organizados como ratoeiras como no caso do CEIP de San Xosé Obreiro de Meicende, o IES de Pastoriza o CEIP Ponte dos Brozos, Centro Cívico de Arteixo ou no de Froxel, deben existir máis colexios electorais e mellor distribuídos para que os cidadáns poidan chegar e votar cómoda e rapidamente, favorecendo a participación e con facilidade e a intimidade necesaria, non pode ser que as cabinas electorais estean colapsadas e as mesas de votación tamén.

Dende o Grupo Municipal Socialista pedimos ao grupo de goberno maior capacidade de xestión, que responda á multitude de dedicacións exclusivas e persoal de confianza que ten, que non xestionan estas cousas nin os seus departamentos e que nin tan sequera son capaces de ter redactados os presupostos do ano 2016 a día 24 de Decembro de 2015, cando prometeron telos presentados en Outubro do 2015 e buscan xustificarse detrás da oposición, como se o noso grupo tivese algún poder para impedir esta celebración coa maioría absoluta que teñen e cando o Grupo Municipal Socialista foi o único grupo que non estivo de acordo en trocar o pleno ordinario do 31 de Decembro para o 15 de Decembro como pode observarse na convocatoria do pleno que adxunto, algo que pon en evidencia a falla de veracidade da información que da o alcalde Calvelo, que unha vez máis admite a súa incapacidade de ter preparados os presupostos a tempo con maioría absoluta e 7 dedicacións exclusivas entre elas a do Concelleiro de Servizos Económicos e 4 persoas de confianza ás súas ordes.

Martín Seco García

Anterior
Anterior

Reunión do Comité Federal do PSOE para valorar os resultados electorais

Siguiente
Siguiente

Pedro Sánchez: "Tenemos que abrir una nueva etapa presidida por el cambio, el progreso y el diálogo"