“O Grupo de Goberno do PP de Arteixo está plagado de incompetentes, que nin tan sequera saben xestionar o uso da megafonía da Avd do Balneario e atender as queixas da veciñanza polo volume e horario durante toda a fin de semana”
O
Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitou do Grupo de Goberno que axudase
aos comerciantes de Arteixo na dinamización das festas de Nadal, e que o fixera
en tódolos lugares comerciais do concello, ademais fixemos nosa a solicitude
dun comerciante da rúa peonil de Arteixo que solicitaba que se utilizase a
megafonía de dita rúa para dinamizar as datas importantes comercialmente
falando, como estas de Nadal que estamos preto de celebrar.
A
día de hoxe, resulta lamentable ver como o concello só iluminou a zona da Avd
do Balneario e ten outras zonas comerciais completamente abandonadas, aínda
está a tempo o goberno local de trocar esta situación, así como a utilización
de máis medios para fomentar o comercio no noso concello nestas datas.
O
que resulta lamentable é a falla absoluta de sentido común e a incompetencia
baixo a que estamos gobernados os arteixáns, xa que, despois de escoitar a
solicitude deste comerciante que nós canalizamos, resulta que poñen a megafonía
con panxoliñas a un volume demasiado alto e ata a 1:30 da mañá, molestando aos
veciños da zona, que por riba non atopan contestación e o que é máis grave, non
atopan solución, dende o concello durante a fin de semana.
Agora
xa entendo que non puxeran a megafonía e que renuncien a organizar dende as
súas concellerías ningún tipo de actividade, xa que o grado de incompetencia é
insultante, por parte daqueles que gozan de multitude de dedicacións exclusivas
e asesores para logo non saber xestionar nin tan sequera o funcionamento dunha
megafonía.