“O PP de Calvelo trata de confundir aos pais e nais do CEIP Arteixo e Ponte dos Brozos sen poñer enriba da mesa un proxecto serio sobre as cociñas dos seus centros, simplemente un presuposto de mobiliario para cociñas, sen asegurar se a Xunta dará autorización para renovar e contruír ambas e sen facer un estudio de viabilidade da nova instalación do CEIP Arteixo”


Xa fai máis de 5 anos que a ANPA do CEIP Arteixo solicitoulle á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a instalación dunha cociña, para dar o servizo de comedor sen necesidade de catering, incluso o concello comprometeuse a financiar esta obra se a Xunta de Galicia se negaba a facer o seu traballo. Dende ese momento as sucesivas directivas da ANPA pediron presupostos das obras a realizar, adaptación do piso, modificacións na extracción de gases e colocación de mobiliario de cociña, sen que nin a Xunta de Galicia, nin o concello de Arteixo avanzaran na instalación desta infraestrutura. No mes de Maio a ANPA conseguiu o compromiso de tódolos grupos políticos de levar a cabo dende o concello esta infraestrutura e o alcalde Calvelo entre eles. A cociña do CEIP Ponte dos Brozos é unha instalación vella e necesitada de renovación e así o puxeron de manifesto os representantes da ANPA deste centro.

O pasado mes, o alcalde tratou de convencer á ANPA do CEIP Arteixo para que a comida deste colexio fose elaborada na cociña do CEIP Ponte dos Brozos, cunha cociña renovada e así facer unha xestión conxunta dos comedores, pero esta oferta fíxose sen ter en conta aos equipos directivos dos centros educativos e sen estudar a viabilidade de poder desenrolalo, tódolos grupos apoiamos a necesidade de renovación da cociña de Ponte dos Brozos e esperamos á contestación da ANPA do CEIP Arteixo para saber se desexaban seguir coa demanda de instalación dun comedor no seu centro ou aceptaban a proposta feita por Calvelo, algo que decidiron esta semana, contestando que seguían pensando que o mellor xeito de xestionar o seu propio comedor era coa instalación dunha cociña propia para os seus 150 nen@s.

Este fin de semana apareceu unha noticia dada polo concello, onde se fala da fala da redacción de proxectos para ambas cociñas e o compromiso do goberno do concello para levalas a cabo, pero o realmente entregado ás ANPAS é un presuposto do mobiliario que dende unha empresa do sector consideran que sería necesario para ambos centros, sen proxecto técnico, nin proxecto de obra, nin estudio da viabilidade técnica, nin tan sequera as necesarias autorizacións da Consellería de Educación e dos equipos directivos dos centros.

O goberno de Calvelo, despois de 5 anos de espera, volve a enganar aos pais e nais, prometendo algo que aínda non sabe se pode levar a cabo. Dende o Grupo Municipal Socialista, preguntaremos por estas cuestións e esixiremos do señor Calvelo que a Xunta de Galicia Feijoo faga esta pequena inversión no noso concello, esquecido polo goberno de Feijoo ou polo menos comprometa a autorización desta Consellería para poder levar a cabo ambas obras, de remodelación da cociña de Ponte dos Brozos e instalación dunha cociña no CEIP Arteixo.

Anterior
Anterior

Preguntas e Rogo sobre o apoio ao comercio e a hostalaría do noso concello

Siguiente
Siguiente

“O Grupo Municipal Socialista pide que o goberno local axude a comerciantes e hostaleiros do concello a dinamizar as festas de Nadal ”