“O PSdeG-PSOE de Arteixo considera insuficientes as medidas de ámbito social propostas polo goberno local nas ordenanzas de saneamento e traída de auga”

     


     Ante as informacións aparecidas nun medio de comunicación sobre as modificacións que se están a negociar entre o goberno local e os grupos da oposición, dende o noso partido consideramos insuficientes as medidas sociais propostas para os consumidores arteixáns, xa que o número de familias numerosas contabilizadas no noso concello non chega ás 70 persoas e son moitas as familias con problemas económicos que non son numerosas, ademais de non establecer trocos nas táboas para avaliar o consumo por persoa e favorecer o consumo responsable .

Dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle ao grupo de goberno que faga un estudio para elaborar unha proposta baseada nos ingresos familiares e nos tramos de consumo por habitante como teñen outros concellos de todo o país, primando a rebaixa de prezo ás rendas máis baixas e o consumo responsable para levar a cabo unha política de consumo respectuosa co noso medioambiente e cun recurso que debemos valorar.

Dende a chegada do goberno de Calvelo estamos escoitándolle ao concelleiro de Obras felicitarse pola boa xestión da auga e o saneamento por parte deste goberno local, facendo sempre a comparación coa situación calamitosa na que se atopa a empresa mixta anterior, sistema posto en marcha polo goberno do PP de Pose, que resultou ruinoso, pero dende o noso grupo, consideramos que o gasto multimillonario deste goberno en dita xestión, os continuos problemas de avarías nos nosos barrios e parroquias, a presenza continua de auga en mal estado, o aumento exponencial da contía das facturas en tódalas vivendas, fan que sexa, cando menos ruborizante, dito autobombo. 

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo valoramos positivamente as medidas que estamos negociando para tratar de salvagardar o noso medioambiente e penalizar as agresións a este, as que traten de facer un sistema de xestión máis xusto e equitativo, as que primen ás familias con maiores problemas e primen o consumo responsable e cremos necesario implementar medidas para evitar aparicións de facturas desmesuradas por avarías no interior das vivendas, algo que xa denunciamos con anterioridade e que fixo que familias que non sabían da existencia dunha avaría dentro da súa vivenda e tiveron que pagar facturas de ata 6.000 euros.  

Anterior
Anterior

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Necesitamos políticos e políticas de altura para un dotar a nosa área metropolitana dun proxecto serio e cercano aos problemas reais da xente ”

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS DO 7 DE NOVEMBRO 2015.