Preguntas a Concelleira de Deportes polo malestar dos pais e nais con rapaces no Judo Club Arteixo
Estes días fomos coñecedores da preocupación dos pais e nais dos usuarios das actividades ofertadas polo Judo Club Arteixo, que incluso recolleron sinaturas para pedir solucións e restablecer as condicións anteriores as actuais, ante o maltrato que denuncian dende este colectivo ao Servizo Municipal de Deportes, trocándolles horarios establecidos dende fai anos de xeito unilateral para ofertarllo a outras actividades e trasladando algunha das súas actividades ao Colexio Ponte dos Brozos, solapándolle actividades e o máis grave, escoitar acusacións de falla de equidade no trato segundo o clube, a actividade ou os usuarios.
Dende o Grupo Municipal Socialista desexamos preguntarlle a Concelleira Delegada de Deportes:
• ¿Cal foi o motivo dos trocos e do traslado que denuncian estes pais e nais de rapaces usuarias das actividades de Judo?
• ¿Por qué non se informa dende o concello a ditos usuarios dos cambios e dos porque destes?
• ¿Vai a articular esta concellería algún tipo de solución para este colectivo?
• ¿Teñen un trato diferente dende este servizo municipal, dependendo dos usuarios, clubes ou actividades que ofertan dende este concello?