Martín Seco urxe melloras de seguridade na rede viaria de Arteixo e aposta por eliminar o paso de vehículos pesados polo municipio


Os socialistas realizarán mañá un paseo en cadeira de rodas polo
centro para denunciar os problemas de accesibilidade


O candidato socialista á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, reitera o seu comproiso coa seguridade viaria do municipio e insta ao Concello a esixir tanto á Xunta como ao Ministerio de Fomento a colaboración para a posta en marcha de medidas que garantan a seguridade. 

A agrupación socialista lamenta a morte dun ciclista de 36 anos cando circulaba onte pola travesía de Meicende e foi arroiado por un camión. 

Martín Seco lembra e que o paso dos vehículos pesados polas vías do municipio arteixán é unha das principais cuestións que preocupan á veciñanza. Nos encontros que o líder socialista está a manter cos veciños dos distintos barrios, a seguridade viaria é unha das cuestións máis latentes. Neste sentido, Martín Seco urxe a colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento para levar a cabo o enlace que conectaría a Refinería e o Porto Exterior, co o que se eliminaría o paso de camións pola vías urbanas. 

Así mesmo, propón actuacións na mellora do Vial AC-415 e no núcleo de Vilarrodís, onde hai importantes problemas de inseguridade, falla de iluminación e ausencia de pasos de peóns. Na avenida de Fisterra, cara a Seixedo, non hai beirarrúas nin pasos de cebra e o mesmo problema detectouse en Candame, na saída hacia Lañas, donde o candidato socialista xa denunciara o perigo que esto supón para os nenos que acuden a diario ao colexio. 

Martín Seco considera que o Concello ten que presionar para que a administración local e central axuden a poñer fin a estes problemas viarios de Arteixo. 

Accesibilidade 

O candidato socialista e membros da candidatura realizarán mañá un paseo en cadeira de rodas para concienciar sobre os problemas de accesibilidade que ten o centro urbán. O roteiro sairá as 11.30 horas da Praza das Viñas.
Anterior
Anterior

Martín Seco comprométese a levar a cabo un plan para a eliminación de barreiras arquitectónicas

Siguiente
Siguiente

O PSOE comprométese a reducir o índice de pobreza en Arteixo no próximo mandato