Martín Seco solucionará os problemas na contorna do lavadoiro de Canzobre, en Morás
Os socialistas denuncian o abandono da zona por parte
do goberno local do PP nestes últimos anos
do goberno local do PP nestes últimos anos
O
PSOE de Arteixo lamenta a falla de atención do goberno municipal no
parque de Canzobre, na parroquia de Morás.
O
portavoz do grupo municipal, Martín Seco, deuncia o estado de
abandono no que se atopa este espazo público, sobre todo a zona do
lavadoiro, que non ten luz.
Ademáis,
o candidato á alcaldía subliña que toda a contorna está sucia e
non hai un lugar onde os usuarios poidan cubrirse da choiva. Asi
mesmo, Martín Seco critica a presenza dunha árbore molesta que
dificulta a entrada de luz e o uso do espazo por parte dos visitantes
e residentes.
Nesta
liña, o PSOE de Arteixo demanda ao goberno local do señor Calvelo
que arranxe esta zona lúdica e lle dea una solución aos veciños da
parroquia de Morás.
Por
último, Martín Seco subliña o seu compromiso de adecentar esta
contorna se o grupo socialista gaña as eleccións do próximo día
24.