Martín Seco promete a descentralización dos servizos públicos na parroquias e a creación de sedes administrativas na zona norte
Os socialistas critican
o uso electoralista que fai o PP con infraestruturas necesarias en
Arteixo pero que non son máis que fume
Martín
Seco, candidato do PSOE a Alcaldía de Arteixo, promete levar a cabo
un plan de descentralizacion dos servicios públicos municipais, coa
intencion de avanzar no desenvolvemento das parroquias que non son o
nucleo de Arteixo, e facelas partícipes da administración local.
Nesta liña, os socialistas comezarán a levar servicios cara elas,
como unha oficina de rexistro municipal na zona norte, así como unha
nova comisaría de policía.
Así
mesmo o cabeza de lista do PSOE aposta pola construcción dunha
instalación deportiva en Pastoriza, que permita a práctica de
fútbol, rugby e atletismo, e unha segunda piscina municipal.
Martín
Seco lamenta que estas cuestións sexan agora aproveitadas polo
Partido Popular, que tivo catro anos para desenvolver algunha destas
infraestruturas e, obviando as propostas dos socialistas, non fixo
nada. É agora cando Calvelo se lembra da piscina de Pastoriza e
Meicende e a publicita nos seus carteis electorais.
Esta
foi a aposta dos socialistas trala chegada dos populares ao goberno
local, que preferiron modificar o proxecto existente, duplicar a
capacidade da piscina do núcleo urbano e non levar a cabo a obra
necesaria na zona norte. Agora, sen proxecto, nin terreos, nin
presuposto e cando fan seu o plan para esta dotación.
O
candidato socialista tamén censura que o Partido Popular quera
sacarlle rédito electoral á promesa do proxecto no paseo fluvial,
cando aínda non hai máis que fume, e que publicite nos carteis da
campaña unha inversión que vai facer unha coñecida empresa privada
no municipio.
Martín
Seco considera que xa está ben de anunciar piscinas e que haxa xente
en Arteixo que non ten saneamento nas súas vivendas, que moitos dos
veciños estean no paro e que Concello non teña uns servizos sociais
decentes.