Martín Seco asina ante notario os 15 compromisos básicos que levará a cabo se goberna Arteixo
O
candidato socialista da un paso máis na transparencia
que quere instaurar na política municipal
que quere instaurar na política municipal
O candidato á alcaldía, Martín Seco, foi o encargado de selar este pacto coa cidadanía na notaría de Luís Gómez Varela, nun acto que contou coa presenza de varios membros da lista do PSOE arteixán.
Tras a rúbrica, Martín Seco explicou que se trata de quince compromisos ineludibles nos que baseará a súa política no caso de que os cidadáns así o consideren e que defenderá como condición imprescindible se tivese que chegar a acordos con outras forzas.
Ademais, con esta sinatura, o candidato socialista, en caso de non cumprir, non se presentaría de novo ás eleccións.
Achégase o documento asinado esta mesma mañá con eses 15 puntos.
1.-
Un concello aberto ao pobo
O
noso concello obtén só 18 puntos de 142 posibles no índice DYNTRA
de transparencia, para corrixilo elaboraremos unha nova
Ordenanza de Transparencia Municipal
ata obter un índice dos máis altos do noso país, publicando
presupostos, proxectos, actas, convenios, actas, retribucións, datos
dos representantes públicos, etc... Crearemos tamén unha nova
web municipal e
aplicacións móbiles para adaptar o concello á realidade social
actual, cun Foro
Municipal
para que a cidadanía opine sobre os proxectos, obras e inversións,
un Buzón
Municipal,
para contactar co concello e obter resposta directa (avisos de
desperfectos e avarías, preguntas ao alcalde e concelleiros/as,
...), un
Portal de Transparencia
onde veña recollida a información e documentación municipal, que
incluirá tamén a posibilidade de pedir cita co alcalde e
concelleiros/as.
Ademais:
- A cidadanía poderá participar directamente na asignación dunha porcentaxe do presuposto municipal.
- Limitaremos o mandato do noso alcalde a oito anos.
- Publicaremos a axenda xeral do alcalde.
- Abriremos o rexistro municipal polas tardes.
- Poñeremos en marcha unha sede administrativa na zona norte.
- Realizaremos consultas sobre cuestións importantes.
- Reformaremos e revitalizaremos o sistema de Consellos veciñais.
- Instalaremos taboleiros informativos en tódalas parroquias.
- Reduciremos significativamente o número de asesores e dedicacións exclusivas, así como as dietas dos concelleiros de goberno.
2.
Nova radio e boletín Municipais
O
goberno do PP cesou as
emisións de Radio Arteixo
e nós recuperarémolas
con máis e mellor programación,
plural, garantindo o dereito á información e á participación a
veciños e grupos políticos e sociais. Tamén volveremos a editar
o antigo Boletín Municipal
de información ao cidadán.
3.-
Os Plenos, para os veciños
O
actual horario dos plenos (9 da mañá) non permite acudir aos
veciños que, noutro horario, si poderían facelo. Ademais, cremos
que os cidadáns deberían ter a posibilidade de intervir. Por iso,
comprometémonos a celebrar
os plenos ordinarios ás 20:00,
a habilitar neles a participación
veciñal
(Concelleiro 22), a retransmitilos
pola web
(canal YouTube) e pola radio municipal e faremos públicas as ordes
do día e actas.
4.-
Redución Índice de Pobreza
Asinaremos
os compromisos
da Rede galega contra a pobreza,
cunha reforma dos criterios do funcionamento dos Servizos Sociais, a
creación dun sistema de comedor para a xente en risco de exclusión,
a aposta por unha cociña centralizada no novo Centro de Formación,
para escolares, maiores da Baiuca, e a domicilio. Poñeremos en
marcha unha Oficina
Municipal da Vivenda,
que traballe contra os desafiuzamentos exercendo a mediación e a
adquisición de vivendas públicas municipais. Recuperaremos o
Arteixo Solidario
no concepto máis amplo da celebración e colaboración coas ONG´s
cun 0,2% do presuposto,
introduciremos cláusulas
sociais na contratación pública
e mecanismos de transparencia na xestión do departamento, informes,
audiencia coas persoas usuarias, mellor publicidade dos recursos,
diminución da burocracia e facilidade na xestión.
5.-
Redución do Desemprego
Aumentaremos
a
taxa de ocupación do noso concello,
con medidas como a creación da Axencia
Local de Emprego,
que dinamice o noso tecido económico, cun sistema novo de
Orientación
Laboral e Asesoramento a empresas
e autónomos, unha mellora nos cursos de formación ocupacional, a
creación dun viveiro
de novas empresas locais,
un sistema de apoio
a creadores e emprendedores,
con beneficios fiscais e obtención de microcréditos,
encargo dun estudio
da actividade industrial
e as posibilidades de desenvolvemento, a aposta polo co-working
e as TIC´s,
estudio sobre a futura posta en marcha dun
Centro Tecnolóxico sobre o Deseño Téxtil,
creación dunha nova
Bolsa de Emprego
e igualdade de oportunidades con sistemas de rotación no emprego
local.
6.-
Baixada de taxas e impostos
Arteixo
conta cun elevado número de parados e persoas en risco de exclusión
social e existen tamén moitos cidadáns con nóminas reducidas que
sofren para poder manter ás súas familias. Nun concello con
superávit, pódese (e débese) reducir a presión fiscal que
soportan os nosos cidadáns, adecuando as taxas e impostos municipais
aos seus ingresos. Polo que nos comprometemos a baixar
a presión fiscal do noso municipio.
Ademais, é preciso habilitar novas bonificacións e fórmulas para
pago fraccionado .
7.-Plan
de autonomía persoal e eliminación de barreiras
Co
gallo de asegurar a plena inclusión social das persoas con calquera
tipo de discapacidade, elaboraremos un Plan
de apoio aos discapacitados,
que incluirá a
promoción de emprego
para este colectivo, medidas para a
eliminación de barreiras arquitectónicas
e o fomento
da mobilidade
coa posta en marcha dunha liña de axudas neste ámbito.
8.
Plan de seguridade cidadá e viaria e fomento da mobilidade (pedibus)
Negociaremos
coa administración central a devolución das competencias dos
controis de tráfico, poñeremos en marcha a policía
de barrio
e abriremos unha comisaría
na zona norte do Concello,
coa intención de aumentar a seguridade dos veciños e comerciantes.
Crearemos novas
sendas peonís nas parroquias
e iniciaremos un servizo
de pedibus
escolar (acompañamento a pé dos nenos ao colexio). Desenvolveremos
un ambicioso plan
para a seguridade do viandante,
con especial incidencia nos pasos de peóns e na creación de prazas
de aparcamento.
9.
Apoio ao comercio, fomento do turismo e construción dun espazo
multiusos
Apoiaremos
ao comercio e á hostalaría cun servizo de asesoramento,
subvencións, cun sistema de obtención de microcréditos
e, por suposto, melloras
na iluminación, beirarrúas e mobiliario urbano.
Construiremos un espazo
multiusos
para eventos, feiras, actividades culturais e deportivas, actividades
para os máis pequenos, etc. Fomentaremos o turismo con máis
e mellores instalacións nas praias,
boa planificación urbanística en Barrañán, Valcobo e O Rañal, co
fomento
do patrimonio e da súa sinalización,
con melloras
en parques como Monticaño,
nos eventos
deportivos,
nas romaxes,
nas zonas
verdes,
etc. Remataremos
o Paseo Fluvial ata O Rañal,
creando un sistema de aluguer de bicicletas nel, e planificaremos
unha infraestrutura para o desenvolvemento de deportes acuáticos e
de area na praia de Alba en Sabón.
10.
Oficina de Afectados pola industria e as infraestruturas e Control
medioambiental
Ante
a industria e as infraestruturas cómpre garantir a calidade de vida
dos nosos veciños e conseguir o difícil equilibrio entre industria
e benestar. Avanzaremos creando unha Oficina
de afectados pola industria e a infraestrutura,
onde se asesore,
axude e actúe para garantir unha vida saudable da nosa veciñanza.
Poñeremos a traballar ao departamento de Medio Ambiente para
controlar
os verquidos, a actividade industrial, e garantir a calidade da nosa
auga, o noso solo e o noso aire.
11.
Dotar de servizos aos barrios e parroquias, cobertura de parques
infantís e ludoteca
Os
barrios periféricos do núcleo de Arteixo, das parroquias da zona
norte e parroquias enteiras da zona sur, carecen dos servizos
públicos axeitados: prazas, xardíns, parques, etc. Dende o goberno
poñeremos en marcha un plan para investir
naqueles lugares menos desenvoltos,
cubriremos
varios parques infantís e biosaludables
e poñeremos en marcha a Ludoteca
Municipal
como servizo de respiro para os pais e nais.
12.-
Descentralización de servizos
Coa
intención de avanzar no desenvolvemento das parroquias que non son o
núcleo de Arteixo e facelos partícipes da administración local
comezaremos a levar servizos cara elas, como unha oficina de
rexistro municipal para a zona norte,
unha nova
comisaría de policía,
a instalación
deportiva para fútbol, rugby e atletismo
ou o
proxecto dunha segunda piscina municipal.
13.-
Apoio aos creadores, celebración das festas, Casa da música e
festival na Canteira de Barrañán
Os
socialistas comprometémonos a poñer en marcha un Festival
de Música na canteira de Barrañán
para ir convertíndoo pouco a pouco en referencia nacional. Tamén
cremos que o Concello debe apoiar
e impulsar aos creadores
con certames, concursos, ciclos, becas e prácticas no exterior.
Ademais, o concello debe asumir
a organización das festas municipais e
construír a
Casa da Música con locais de ensaio e gravación.
14.-
Aprobación dun Plan Xeral para todos e con participación social
Se
contamos coa maioría necesaria, os socialistas de Arteixo
comprometémonos a desenvolver
un Plan Xeral para todos,
sen mans negras e participado
polos representantes políticos, sociais e pola cidadanía en xeral.
15.-Creación
do Servizo de Transporte Interparroquial e Lavandería
O
noso compromiso é facilitar a mobilidade dende as parroquias cara os
núcleos urbanos, onde os veciños poidan facela compra, ir a
farmacia, ao centro de saúde, ao banco, a perruquería ou a calquera
tipo de xestión administrativa, polo que implantaremos
un servizo para que os veciños se poidan mover tódalas semanas
dende as parroquias cara os núcleos urbanos.
Tamén aumentaremos
o servizo de comida a domicilio con lavandería para maiores
que se atopen solos.