Martín Seco anima a votar ao PSOE para pór en marcha iniciativas para as persoas e contra as políticas de abandono do PP
O socialistas piden
transparencia a Calvelo e lle
instan a publicar as contas da campaña
instan a publicar as contas da campaña
O
Partido Socialista de Arteixo remata a súa campaña electoral coa
satisfacción do traballo fen feito. O seu cabeza de lista, Martín
Seco, anima á veciñanza a votar ao PSOE o próximo domingo frente
ás políticas de recortes e abandono que caracterizan ao PP.
O
PSOE aspira á Alcaldía de Arteixo para pór en marcha políticas
para as persoas, en base a 15 compromisos firmes que desenvolverán
nos vindeiros catro anos dende o Concello. Uns compromisos que Martín
Seco asinou ante notario e que lle obrigarían, en caso de non telos
cumplidos, a non presentarse máis ás eleccións. Non como fixera o
actual alcalde, Carlos Calvelo, que de novo volta a ser o cabeza de
lista do PP aínda que non aprobou o Plan Xeral tal e como prometera
aos veciños de Arteixo.
Os
compromisos de Martín Seco son firmes e realizables, pensados para o
benestar das persoas e para darlle a volta ao abandono no que viven
os barrios de Arteixo dende fai anos. Os socialistas propoñen
melloras en tódalas parroquias, dende iniciativas para aumentar a
seguridade viaria, como de apoio aos comerciantes, ata instaurar un
servizo de transporte interparroquial, cubrir parques infantís,
creación de novas infraestruturas e descentralización de servizos.
Outras claves do programa de Martín Seco son a aprobación do PXOM,
a reducción do índice de pobreza e da tasa de desemprego, rebaixa
da presión fiscal e aumentar a participación cidadaná no día a
día do Concello.
A
piques de rematar a campaña electoral, os socialistas reiteran o seu
compromiso coa transparencia e a súa vontade de facer públicos os
gastos como partido en época de eleccións. Por iso, instan a
Calvelo e ao Partido Popular a facer o mesmo e mostrar públicamente
o diñeiro que se inviritu na campaña e de ónde saíron os fondos.
Critican o dispendio que caracteriza as campañas do PP con milleiros
de carteis de publicidade e grandes anuncios para reiterar promesas
que xa fixeran hai catro anos e que abandoaron nun caixón á súa
chegada aos despachos do Concello.