O PSOE destaca a importancia do deporte para a loita contra a exclusión social e promete máis apoio cos clubes locais
Martín
Seco subliña os éxitos das entidades arteixanas a base de esforzo e
dedicación a pesar da pouca colaboración do goberno de Calvelo
O
PSOE destaca no seu programa a importancia
que ten o deporte no día a día dos cidadáns,
xa que a práctica de exercicio físico é cada vez máis común
entre os nosos veciños. Por iso, membros da candidatura socialista,
coa cabeza de lista á fronte, Martín Seco, reuníronse en datas
recentes con representantes de clubs deportivos para coñecer de
preto as súas necesidades.
Un
deses encontros celebrouse co club
de balonmán de Arteixo.
O PSOE transmitiu entón a súa vontade de desenvolver o
deporte como medida para loitar contra a exclusión social,
xa que Martín Seco considera que se pode apostar dunha maneira
transversal, desde
o departamento de Servizos Sociais,
polo traballo cos clubs deportivos como proceso inclusivo para
colectivos en risco.
Os
socialistas puxeron
como exemplo o traballo da entidade
para explicar como se pode empezar a traballar desde abaixo para
lograr, con esforzo, a consecución de éxitos deportivos. Así, o
PSOE valora o seu labor e adquiriu o compromiso
de seguir apoiando e colaborando con eles.
Outra
das reunións foi co club
de natación,
que conseguiu igualmente numerosos logros deportivos. Por iso é polo
que Martín Seco subliñou a importancia de apoiarlles pondo á
súa disposición as instalacións municipais
para o desenvolvemento do seu traballo.
Neste
sentido, o
PSOE lamenta que o goberno do PP co señor Calvelo non fose capaz de
escoitar aos clubs de natación e salvamento
para aproveitar ese investimento de preto de catro millóns de euros
en construír unha piscina de 50 metros cunhas bancadas adaptadas
para a celebración de grandes eventos, á vez que criticaron que nin
sequera se construíron máis rúas para nadar.
Por
último, o equipo de Martín Seco desprazouse a Larín
para falar co seu club deportivo, para o que se comprometen
a establecer un novo convenio que permita a construción dun campo de
fútbol dotado con herba artificial.
Así mesmo, o PSOE potenciará as súas escolas deportivas coa posta
en marcha dun servizo
de transporte
desde o núcleo de Arteixo e outras parroquias para facilitar o
desenvolvemento da súa actividade.
A
candidatura socialista destacou que o
CD Larín conta con dispoñibilidade de terreo
para pór en práctica este ilusionante proxecto baixo a dirección
do presidente Veo, polo que consideran que se pode pensar nunha
escola deportiva de maior calado nunhas
instalacións renovadas para este club.